VISITAS

martes, 20 de septiembre de 2011

INFORMACIÓN SOBRE AULA MATINAL

Queremos informar os posibles usuarios da aula matinal, que tal como informou a dirección do centro no tríptico que nos fixo chegar as nosas casas a principio de curso, dende a delegación provincial de educación nos concederon o permiso para poder por en marcha este servizo, despois de ter sido aprobado no ultimo consello escolar do curso pasado, no cal tamén se lle solicitou a concelleira de educación o compromiso do concello de que se responsabilizasen estes da apertura das portas do centro as 7:45 horas.
Por nosa parte xa falaramos ca conserxe, non tendo esta persoa ningún problema en facer este traballo, pero como esta labor cámbialle o horario laboral, pide que se lle comunique polo concello este novo horario, e que se lle respecte as horas de traballo, se entra antes saír tamén antes.
Coma a mediados de mes non temos resposta dende o concello, nos pomos en contacto telefónico ca concelleira de educación, solicítanos o correo electrónico do anpa e que en breve nos daran unha resposta.
Como a día 19 do corrente mes seguimos sen noticias, oentregamos no rexistro do concello un escrito o Sr. Alcalde informándolle da situación.
Por parte do anpa temos todo preparado para comezar co funcionamento a principio do mes de outubro, con servizo de gardería, sen almorzo entrada a partir das 8 da maña, prezo de 30€ o mes, grupo mínimo de 10 nenos.
Adxuntamos no seguinte enlace o escrito presentado o Sr. Alcalde. http://dl.dropbox.com/u/36465325/Petici%C3%B3n%20apertura%20colexio.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario