VISITAS

Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2009/10. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2009/10. Mostrar todas las entradas

lunes, 31 de mayo de 2010

AXUDAS A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTOS



Lun, 31/05/2010 - 15:00
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria facilitará ás familias a ‘volta ao cole’ por segundo ano consecutivo, a través da convocatoria de axudas para a compra de libros de texto e material escolar, dirixidas ao alumnado de 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria, e educación especial. Ademais, o sistema de solicitude e tramitación destas bolsas será este ano moito máis sinxelo, xa que as nais e pais recibirán un vale co que poderán adquirir os materiais nos establecementos.
Ao igual que no presente curso, a Consellería de Educación volverá axudar a que os escolares teñan libros gratis e en propiedade, a través de axudas de 180 euros para familias con ingresos de ata 5.400 euros anuais por persoa no fogar. Para as familias con ingresos entre 5.400 e 9.000 euros por persoa no fogar, a Consellería garante unha axuda de 104 euros.
No caso das familias monoparentais, haberá axudas de 180 euros para aquelas con ingresos de ata 6.000 euros anuais por persoa no fogar; e de 104 euros para as familias con ingresos entre 6.000 e 9.000 euros por persoa no figar. Ademais, a bolsa será de 250 euros para o alumnado de Educación Especial, independentemente dos ingresos familiares.
Para calcular quen ten dereito ás bolsas, agregaranse as rendas de cada un dos membros da familia que obteñan ingresos, tendo en conta o exercicio fiscal de 2008, dividindo a renda entre o número de membros computables da unidade familiar (pai, nai alumno e irmáns). A estes efectos, computarán por dous os membros da unidade familiar cunha discapacidade igual ou superior ao 33%.

Vales de compra

As familias poderán presentar as solicitudes para optar ás axudas a partir de mañá nos centros docentes sostidos con fondos públicos nos que estean matriculados os seus fillos e fillas, presentando unha solicitude diferente por cada un dos nenos. Os centros tramitarán as solicitudes no momento da matrícula ou posteriormente. O sistema informático recuperará de forma automática os datos asociados ao NIF do solicitante, e que constan na base de datos informática da Consellería de Educación. Co fin de axilizar o proceso, e unha vez estea introducida a solicitude, este ano o sistema permite a xeración dun vale por cada alumno ou alumna beneficiario.
O centro educativo entregará os vales ás familias, que poderán con el adquirir os libros e material escolar no correspondente establecemento, á súa libre escolla e polo importe máximo que figura no documento. Unha vez entregados os materiais, os establecementos presentarán as facturas na Xefatura Territorial da Consellería de Educación en cada provincia, para que lles sexa ingresados os importes correspondentes aos vales tramitados.
O obxectivo deste sistema é que as familias non teñan que desembolsar contía algunha polo importe das axudas, facendo máis fácil ademais os pagamentos, ao se reducir considerablemente o número de transferencias bancarias que ten que facer a Consellería. Por outra banda, a xeración automática dos datos da familia polo sistema informática simplifica considerablemente o labor dos centros educativos, elemento fundamental no proceso de tramitación das bolsas.
Con estas axudas, a Consellería de Educación volve poñer de manifesto o seu firme e decidido apoio ás familias que están a pasar por maiores dificultades económicas, que poderán ter libros gratis e en propiedade. Ademais, as alumnas e alumnos poderán utilizar estes manuais como verdadeiras ferramentas de traballo e consulta coas que optimizar os seus rendementos académicos.

miércoles, 3 de marzo de 2010

PETICIÓNS O CONCELLO DE GONDOMAR

Dende o anpa nos vemos na obriga de informar a toda a comunidade escolar que ante a falta de resposta, desculpas e moitas voltas polo concello, para intentar solucionar o pago das axudas comprometidas, e pago do convenio do ano 2009, que ten asinado este concello cas anpas dos centros públicos de primaria dende hai mais de 5 anos, e tal o desinteres por parte do concello que  o pasado día 23 de febreiro se fixo entrega  no rexistro uns escritos por parte da anpa pedindo o Sr. Alcalde que solucione estes problemas ca maior brevedade.
Por outra banda a día 18 de febreiro non fixera o pago das comidas do alumnado becado pola concelleria de asuntos sociais.
Un saudo
José Manuel
Presidente do anpa


jueves, 18 de febrero de 2010

INFORMACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

Como informamos o pasado día 9 celebrouse o consello escolar ca seguinte orde do día :

1.Lectura e aprobación da acta da sesión anterior
2.Presentación e  aprobación da conta e xestión do ano 2009
3.Proposta sobre a gratuidade de libros de texto da anpa
4.Respostas a preguntas presentadas pola anpa
5.Rogos e preguntas.


 Empezamos o consello escolar dando  lectura ó acta anterior a Secretaria, sendo aprobada por todos os membros, seguidamente o Director da información do balance económico do curso 2009, do cal os informaremos noutra ocasión cando nos entreguen unha copia deste.
No terceiro punto o anpa presentou o consello escolar un escrito para que o consello escolar solicitase a Consellería de Educación manteña o sistema de gratuidade por empréstito dos libros de texto no ensino obrigatorio, tal coma se tiña implantado ate o pasado curso escolar 08/09, esta solicitude está enmarcada dentro da campaña da PLATAFORMA GALEGA POLA GRATUIDADE.
Este punto foi aprobado por  maioría.
Seguidamente pasouse as preguntas da ANPA que foron :

Explicación da petición os pais de 1º de primaria de 5 € para gastos de material
A explicación e que debido o número alto de alumnos destes cursos e a variedade de nivel entre estes alumnos que necesitan ampliar o material escolar, para poder impartir as clases, ademais de que o material que se decidiu para estes cursos foi solicitado polo profesorado do curso pasado, e este cursos son profesores novos e pensan que este material e necesario, e as familias nos sae mais económico desta forma que non ter que cada un comprar o material.
Se preguntou se para o trimestre seguinte volveran a pedir mais cartos, comentan que non que foi unha medida extraordinaria.

Abrir o debate sobre as clases de alternativa.
Se pide a dirección que se nos informe do que se fai nestas clases, xa que o non ter contido curricular, está un pouco a o que queiran dar os profesores. Por parte da Xefa de Estudos se nos informa que no consello escolar cada ciclo educativo acordaron un temario común polo que rexerse,
O director comenta que se houbese algún descontento ou alguén necesitara algunha aclaración que non dubidase en dirixirse o titor o a el.

Por outra banda a petición do anpa,  acordase que o consello escolar faga unha solicitude a Consellería de Educación solicitando a colocación dos mosquiteiros que se deben colocar segundo o Inspector de sanidade, tal como o reflexas as actas, tamén solicitar que se tomen medidas para evitar as altas temperaturas no comedor os dias de sol, así como solicitar que a Conselleira se faga cargo da xestión do comedor escolar.

Por último en rogos e preguntas se pide explicacións da negativa de non participar no desfile polas rúas de Gondomar do alumnado de educación infantil, as profesoras representantes deste ciclo educativo, comentan que os nenos cánsanse que se fan por eles pis etc etc, dende o anpa lle pedimos explicacións pedagóxicas para non saír xa que as que nos deron cúmprense en toda-las saídas, vólvense a escudar no mesmo, que foi unha decisión do ciclo e que era o que había, por último se lle pide que o pensen que ainda estamos a martes e que hai tempo, pero o resultado foi o de non saír.
O anpa fixo un rogo a dirección para que se convidase a participar na comparsa dos alumnos de primaria os pais que colaboraron, co equipo da biblioteca na actividade, que se organizaron  a volta de vacacións de Nadal, e na que se entregaron uns libros de lecturas en diversas aulas, e na cal o anpa colaborou nos gastos da confección dos traxes. Desta actividade tedes fotos na páxina do cole. Este rogo foi aceptado pola dirección.
Informouse o consello escolar que por parte do anpa se subvecionara os gastos de material de entroido cunha cantidade sobre os 500 €.

Por ultimo se fai unha pregunta sobre a saída da chocolatada de educación infantil, se pensaron en levar os nenos a outro local que hai o lado don que van, local de non fumadores, o que contestan que non, que van a ese local, por tradición, pero que valoraran esta suxerencia.


Isto é o que deu o consello escolar, esperamos comentarios.

lunes, 8 de febrero de 2010

CONSELLO ESCOLAR


Maña martes día 9 teremos consello escolar onde as nais e pais de alumnos temos 5 representantes, 4 son membros elexidos nas eleccións que hai a consellos escolares e 1 representa o anpa. a orde do día é




Por parte do anpa levamos os seguintes puntos:

  1. Proposta de aprobación de que se volva o sistema de gratuidade por emprestito dos libros de texto no ensino obrigatorio tal e como se tiña implantado até o pasado curso escolar 08/09
  2. Explicación da petición os pais  do alumnado de 1º de primaria de 5€ para gasto de fotocopias 
  3. Abrir un debate da clases de alternativa, 
  4. Volver a solicitar a conselleria que asuma a xestión do comedor.
  5. Solicitar a Xunta a colocación das mosquiteiras que piden dende sanidad nas xanelas
  6. Solicitar a Conselleria que tomen algunha medida para evitar as altas temperaturas no comedor nos días de sol, (agora colocamos cartons de colores nas fiestras)
  7. Negativa de educación infantil a sair no desfile de antroido.
E seguramente saldra algún mais nos rogos e preguntas.

    viernes, 5 de febrero de 2010

    CARTA DESFILE ANTROIDO

    Estimados Sres.:
    Envío este escrito, para amosar o meu enoxo, e o meu malestar, pola decisión tomada, no ciclo de infantil, de que este ano os nenos non saían co resto do seus compañeiros de primaria no desfile do entroido, que se fai tódolos anos, nas rúas de Gondomar.
    Non me parece xusto, que para esta decisión, non se tivera en conta a opinión dos país dos nenos, pois así como para outras cousas, sempre se nos chama e pide axuda, por qué neste caso non se nos tivo en conta?
    Paréceme que con esta decisión, se lle está a quitar aos nenos a ilusión do entroido, de sentirse importantes, de que sempre están pendentes a ver, se os veciños, os avós, ou os seus amigos, están a miralos. Da ilusión de dicir, que os traxes os fixeron eles.
    Tamén non entendo, porque se nos cita a una reunión, onde xa está a decisión tomada. Se xa se sabía o que había, para qué nos chaman? Para decirnos que os nenos de 3 anos cánsanse. Meus fillos o ano pasado tiveron 3 anos, e si, chegaron cansos a casa, pero tamén viñan coa ilusión de que os miraran moita xente coñecida na rúa.
    Cóstame moito tomar esta decisión, porque sei que os meus fillos, non a van a entender. Pero quero que sepan, tanto a mestra, como a dirección da Escola, que meus fillos non van a asistir o venres 12 de febreiro ao colexio. Baixo a miña responsabilidade, os meus fillos, van a ir as rúas de Gondomar, a mirar aos seus compañeiros de primaria. E tamén van ir a mirar, aos nenos e nenas do resto das escolas de Gondomar, e os nenos da Galaescola de Mañufe. Que teño entendido que este ano, veñen de invitados ao desfile. Nenos máis pequenos, que os nosos do ciclo infantil.
    Me gustaría, que me disexen como lle explico eu aos meus fillos, que hai nenos mais pequenos na rúa desfilando, e eles non van a ir. Díganmo, porque eu non sei como. Onte intenteillo explicar, e somentes me preguntaban porque, eles quedaban na escola, e non saían á rúa.
    Sinto moito, que se tomase esta decisión, e se lle quite aos nenos a ilusión do seu desfile de entroido.
    CARLA BUCETA DE MIRANDA e DAVID BUCETA DE MIRANDA, o día 12 de febreiro de 2010, non van a asistir a escola.
                                                                                Gondomar, 4 de febreiro de 2010

    FDO.: Virginia de Miranda Vigo