VISITAS

jueves, 22 de septiembre de 2011

POSTA EN MARCHA DA AULA MATINAL

Dende o anpa unha vez confirmado polo concello de forma verbal, a través da concelleira de educación o compromiso de facerse responsábel da apertura do centro, enviamos as solicitudes para poder facer uso deste servizo a dirección do centro, servizo xestionado pola anpa, este servizo é creado ca intención de facilitar a conciliación laboral e familiar, polo que se pon en marcha como servizo de gardería, sen almorzo.
Este servizo empezará o seu funcionamento o luns día 3 de outubro, e coincidirá cos días lectivos do centro. O horario de recollida do alumnado será a partir das 8 da maña e ate o comezo do horario escolar, a incorporación as aulas será da forma que designe a dirección do centro en conxunto ca directiva do anpa.
O prezo do servizo será de 30 € mes, a actividade porase en marcha sempre que haxa un grupo mínimo de 10 alumn@s
Para o alumnado fixo pasaráselle recibo bancario pola cantidade indicada a partires do 12 de cada mes incluíndo os gastos de xestión, para as familias que non sexa socias do ANPA.
O alumnado de uso esporádico, terá que facer a solicitude no centro con dous días de antelación e acompañado do Xustificante de ingreso na entidade bancaria de 2€ por día de uso.

Para consultar o impreso pica no enlace seguinte:

No hay comentarios:

Publicar un comentario