VISITAS

Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2013/14. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2013/14. Mostrar todas las entradas

miércoles, 4 de junio de 2014

GRATUIDADE SOLIDARIA CURSO 2014/2015

O anpa informamos sobre a convocatoria de axuda a merca de libros de texto para o vindeiro curso.

 
Este ano estas axudas teñen unhas condicións " especiais", que son:
  • As axudas son soamente para mercar os libros, non se podrá mercar material didáctico, nin complementario.
  • Os libros teranse que devolver unha vez rematado o curso ó centro educativo, excluindo desta obligación os alumnos de 1º e 2º curso de primaria. 
A continuación podedes consultar a orde, así como baixar os impresos para a solicitude.

Obxecto da convocatoria e principais novidades:


O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado eneducación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para o seu uso no curso escolar 2014/2015.
As principais novidades desta convocatoria son:
1. A finalidade das axudas é a adquisición exclusivamente de libros de texto (non se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico nin complementario).
Non obstante, o alumnado matriculado en educación especial, así como aquel que teña recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65% poderá adquirir os libros, material didáctico e complementario que o centro docente determine en cada caso.
2. O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto adquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos,  ao rematar o curso escolar 2014/2015 (xuño ou setembro, segundo o caso), a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros),
Exclúese desta obriga ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria, así como o de educación especial e aquel cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, nos casos en que o material adquirido con cargo á axuda non poida ser reutilizado.

jueves, 15 de mayo de 2014

Campamento de inmersión lingüística Hi!! Gondomar Camp

O Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Xuventude, vai por en marcha, por segundo ano consecutivo, un campamento de inmersión lingüística para mozos/as de entre 12 e 17 anos.
Hi!! Gondomar Camp é un campamento de lecer e tempo libre en inglés para a mocidade preferentemente do Concello de Gondomar, cun dobre obxectivo. Por unha banda, mellorar o uso dun idioma distinto ao propio, sendo este un dos piares fundamentais dos sistemas educativos actuais; mentres que por outra parte, busca ofrecer un espazo de ocio educativo, cultural e creativo no que os mozos e mozas deste Concello ocupen o seu tempo de lecer de vacacións, contribuíndo así de forma esencial a formación integral da mocidade de Gondomar.
O campamento, que se desenvolverá do 1 ao 18 de xullo, está deseñado cunha serie de actividades atractivas tanto na súa realización individual como na posta en escena dun conxunto, dándolle un enfoque relacionado co mundo do cine onde eles mesmos serán directores, guionistas, cámaras, actores principais, presentadores, entrevistadores, deseñadores, etc.
Este campamento integrarase en tres eixos en torno aos cales xirarán todas as actividades que se realizarán:
  1. O idioma ( inglés), dende o inicio deste campamento se falará exclusivamente en inglés os monitores serán ou bilingües ou nativos,
  2. a tv,
  3. as novas tecnoloxías.
O prazo de inscrición abrirase o vindeiro luns, 12 de maio e permanecerá aberto ata o 31 de maio. Para calquera dúbida os/as interesados/as poderán dirixirse á OMIX do concello no teléfono 986.369.746

O prazo de inscrición abriuse o luns 12 e estará aberto ata o 31 de maio
Está dirixido a mozos/as de entre 12 e 17 anos e desenvolverase do 1 ao 18 de xullo

III edición do campamento GondoVerán

A inscrición realizarase do 13 ao 26 de maio e deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Gondomar
A Concellaría de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller, pón en marcha, por tercer ano consecutivo, o campamento Gondoverán debido á grande acollida que tivo no ano anterior.
Gondoverán é un campamento de lecer e tempo libre para fillos e fillas de familias traballadoras que terá lugar durante todo o mes de xullo, en horario de 8.00 a 15.00 horas, no CEIP Chano Piñeiro.
O seu obxectivo é o de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante a tempada estival, ao tempo que se potencia o desenvolvemento integral do neno/a a través dunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento do entorno próximo, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables.
Contarase con 70 prazas para rapaces e rapazas que teñan o seu empadroamento no Concello de Gondomar nacidos entre os anos 2001 (non poderán facer 13 anos antes da finalización do campamento) e 2011 (deberán ter feitos 3 anos ao inicio do campamento) e cuxos proxenitores sexan persoas traballadoras en activo (por conta allea ou propia). En caso de quedar prazas libres serán admitidos doutros concellos, con preferencia de aqueles cuxos proxenitores sexan traballadores no municipio de Gondomar. O prezo será de 60€ por neno/a.
A inscrición realizarase desde mañá día 13 ata o 26 de maio presentándoa no Rexistro Xeral do Concello de Gondomar, de luns a venres en horario de 9 a 13.30h. e sábados de 9 a 13.00h. Xunto a folla de inscrición (dispoñible na páxina web do Concello) deberá achegarse a seguinte documentación:
  • Solicitude de praza.
  • Fotocopia cotexada dos DNI dos pais ou titores/as legais.
  • Fotocopia cotexada do libro de familia.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do menor ou menores ou seguro médico privado.
  • Volante de empadroamento da unidade familiar.
  • De ser o caso, xustificación da ocupación actualizada dos pais ou titores (fotocopia da última nómina, certificación de empresa, vida laboral ou calquera outra tipo de documentación que acredite dita situación, no caso de traballadores por conta allea; ou do último recibo do pagamento da cota á seguridade social no réxime especial de traballadores por conta propia, no caso de traballadores/as autónomos/as).
Para calquera dúbida os/as interesados/as poderanse dirixir ao Centro de Información á Muller, na Casa da Cultura, no teléfono 986 360 224 ou no seguinte correo electrónico: aio@concellodegodomar.com

jueves, 8 de mayo de 2014

CROSS DE VINCIOS

20 anos do cross de Víncios


O vindeiro 17 de maio ahi unha cita co deporte en Gondomar. A asociación deportiva Vincios organiza esta xornada aberta a todos aqueles que queiran participar


Polémicas bandexas de plástico no comedor do Souto de Donas

Nestas últimas semanas apareceu en diversos medios de comunicación a problemática das bandexas de plástico no comedor do colexio Souto de Donas.
Varios país unironse para dar a coñecer os perigos do material que a empresa de catering “Ruta jacobea” está a utilizar para dar servizo nos colexios aos que acude.
Neste enlace, http://www.who.int/ceh/publications/endocrine/en/
pódese informar sobre estudos realizados ao respecto da problemática de ditos materiais.
                                                                                            ver video

FESTA DA BICICLETA


SABADO 17 de Maio, a Concellería  de Deportes do Concello de Baiona, en colaboración cos Concellos de Nigran e Gondomar  e a Deputación Provincial de Pontevedra, organizan a XXVI Edición da Festa da Bicicleta 2014.
A saida, realizarase a partir das 10.30 horas dende a   entrada do Parador, en Baiona. Os participantes deberan presentarse ó  menos 30 min antes da saida ca sua bicicleta e casco (OBRIGATORIO PARA PODER PARTICIPAR)
 E necesario para participar ter máis de 7 anos e poder facer o percorrido dende Baiona  a Gondomar e volver a Baiona.

Anima na casa e vide todos a participar


PROBLEMÁTICA NOS COMEDORES XESTIONADOS POLO CONCELLO



Uns país e nais do CEIP-Souto Donas estan informando sobre a posible toxicidade das bandexas de plástico que empregan en moitos comedores escolares onde os nenos e as nenas comen directamente no plástico. Un informe de febreiro do ano pasado da OMS (Organización Mundial da Saude) así o reflicte.
O próximo mercores día 14 as 20:00h faremos unha mesa informativa para as familias que lles preocupe a saúde dos seus fillos/as. Será no local do IEM (Instituto de Estudios Miñoranos) haberá unha representación dxs pediatras do Val Miñor.




MAIS INFORMACIÓN SOBRE ESTA PROBLEMATICA.

Noticia do xornal electrónico " valminor.info "

Polémica pola utilización de bandexas plásticas no comedor escolar do CEIP Souto Donas de #Gondomar.

Correo-eImprimirPDF
Os pais propoñen pagar as bandexas de inox para eliminar o uso da bandexa de plástico
O biólogo César Lema Costa, pai dunha das alumnas, argumenta que a Organización Mundial da Saúde (OMS) publicou unha serie de graves advertencias sobre doenzas produto da utilización das mesmas.
Un grupo de pais presentaron un escrito ao Concello de Gondomar coa proposta de substituírllas por outras de aceiro inoxidable que as propias familias achegarían, máis denuncian que a administración prohibiulles o troco.
As familias anuncian que a pesar da negativa presentaranse o luns seguinte á Semana Santa coas bandexas de aceiro inoxidable á hora do xantar do seus fillos.
No comedor do CEIP Souto Donas de Gondomar o servizo de catering Ruta Jacobea sirve a comida a cada neno "directamente sobre una bandeja de plástico de cinco compartimentos", advirte o biólogo César Lema. Sinala que en febreiro de 2012 un informe do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) e a Organización Mundial da Saúde (OMS) acerca do estado dos coñecementos científicos sobre as sustancias químicas que perturban a función endócrina (State of the Science of Endocrine Disrupting Chemicals), se conclúe que "muchas sustancias químicas sintéticas (la mayoría procedente de los plásticos) cuyos efectos sobre el sistema hormonal todavía están por investigar podrían tener importantes repercusiones en la salud".
Agrega que estas substancias se denominan disruptores endócrinos e que as investigacións científicas as relacionan con doenzas como a "puberdade precoz, infertilidade, cáncer de mama, cáncer de próstata e testículos, diminución da calidade do seme, obesidade, diabetes, cáncer de tiroides, problemas cardiovasculares, perturbacións do desenvolvemento neurolóxico e alteracións na conduta tales como trastorno de déficit de atención e hiperactividade, autismo, así como enfermidades neurodexenerativas como o Parkinson".
Relata o biólogo que por mos disto decidiu escribir unha carta con esta información ao director do cole, a ANPA, o xerente da empresa de catering e ao alcalde de Gondomar, "ya que es el que gestiona el comedor"; pedíndolles que ante tales "incertidumbres tuvieran a bien aplicar el principio de precaución cambiando las bandejas del comedor por la tradicional loza".
Seguidamente, reuníronse un grupo de nais e pais preocupados e instaron a que a empresa e o Concello deran unha resposta. "La respuesta fue que no iban a cambiar las bandejas y que la loza es un peligro porque los niños se podían cortar (aunque haya comedores escolares que sirven en loza). Así que le ofrecimos la posibilidad menos mala, la de cambiar las bandejas de plástico por acero inoxidable. La respuesta fue la misma", denuncian.
Finalmente os pais decidiron que eles mesmos mercarían as devanditas bandexas e comunicáronllo á empresa e mais á concelleira de Educación de Gondomar, Paula Bozos. Segundo os denunciantes, a resposta da concelleira foi que as bandexas de plástico cumpren os requisitos de Sanidade e "que no se nos ocurriera llevar las bandejas de acero inox al comedor".
Segundo a mesma fonte a empresa tamén deu orden ás coidadoras do comedor para que non sirvan a comida nas bandexas de aceiro, a pesar que os pais ofreceron que cada neno levara a súa casa as mesmas para limparllas. Pero "aún así no hay manera", quéixase Lema.
A pesar das negativas as familias anuncian que farán un encargo de bandexas de aceiro inoxidable "con todas las garantías de sanidad". A súa intención e presentarse o luns seguinte á Semana Santa no comedor para que os seus fillo "puedan comer en algo más saludable".

Noticia públicada no " Faro de Vigo "

El plástico gana la batalla en Donas

Las familias que rechazan el polipropileno en el comedor escolar recurrirán a pediatras tras negárseles ayer el uso de acero inoxidable

25.04.2014 | 10:29
Padres y niños tuvieron que dejar las bandejas de acero fuera del comedor escolar. // José Lores
Padres y niños tuvieron que dejar las bandejas de acero fuera del comedor escolar. // José Lores
Han perdido la primera batalla, pero no la guerra al plástico. Los diez niños del comedor escolar del colegio público gondomareño Souto-Donas que acudieron ayer con bandejas de acero inoxidable tendrán que seguir comiendo sobre las de polipropileno. La empresa que gestiona el servicio de catering se negó ayer a servirles los alimentos en las metálicas que sus padres habían comprado para impedir la exposición de los pequeños a las sustancias que consideran que libera el plástico a altas temperaturas y cuyos efectos sobre la salud todavía no están debidamente investigados, según advierte un informe de la Organización Mundial de la Salud al que hacen referencia.
Un representante de la compañía encargada de la comida apeló al protocolo de funcionamiento del comedor y al contrato con la Xunta para llevar a cabo el servicio que debe respetar. El Concello apoya a la firma santiaguesa, dado que la Consellería de Sanidade avala las garantías sanitarias de la vajilla plástica.
Las ocho familias aceptan los argumentos, pero no se rinden. "Ya sabíamos que el polipropileno es legal. Lo grave sería que la empresa lo utilizase sin serlo. Pero también lo fueron en su día el PVC, el amianto o pesticidas como el DDT y ahora están prohibidos", explicaba ayer César Lema, uno de los padres, doctor en Biología.
Solo insisten en la necesidad de aplicar el principio de precaución porque existen alertas del máximo organismo sanitario internacional y, sobre todo, "porque está en juego la salud de los niños", recalca. Por eso se reunirán de nuevo el martes para adoptar nuevas medidas. Por el momento, se plantean buscar apoyo en los pediatras de la zona. "Se supone que los médicos deben seguir las recomendaciones de la OMS y, por tanto, pronunciarse en este asunto", indican. No descartan acudir al Valedor do Pobo u otras iniciativas.

Noticia públicada na " Voz de Galicia "

Padres de Donas rechazan el uso de plástico en el comedor escolar

Xunta y Concello de Gondomar descartan que las bandejas sean dañinas

0 votos
Una decena de alumnos que usan el comedor del colegio de Souto-Donas, en Gondomar, intentarán que el catering que atiende el servicio les sirva hoy la comida en la bandeja de acero inoxidable que llevan de casa. Sus padres se la han comprado porque consideran que el plástico de las que utilizan habitualmente los menores puede contener elementos de dudosa seguridad para la salud de los niños.
César Lema, padre de una de las alumnas que utiliza el comedor y que es doctor en Biología, advierte que un informe de la Organización Mundial de la Salud del 2013 alerta del incremento de la exposición humana a los disruptores endocrinos, compuestos químicos que pueden alterar el sistema hormonal y que se han relacionado con problemas y trastornos de salud y medioambientales. Ese documento, señala, «concluye que muchas sustancias químicas sintéticas (la mayoría procedente de los plásticos), cuyos efectos sobre el sistema hormonal están aún por investigar, podrían tener importantes repercusiones en la salud».
El desencuentro no tiene nada que ver en este caso con la selección de los menús sino que se centra en la bandeja sobre la que se sirve directamente la comida. Lema remitió en enero un escrito al alcalde, Fernando Guitián, solicitando que se sustituyeran las bandejas plásticas por la tradicional vajilla de loza, «ante tales incertidumbres y apelando al principio de precaución». En su escrito transmiten al Concello las dudas sobre el uso de los materiales plásticos para el servicio. «No aceptaron la propuesta y ni siquiera reunirse con nosotros, así que directamente hemos tenido que comprar nosotros las bandejas de acero inoxidable a una empresa especializada», señaló César Lema.
La versión del Concello es distinta. La edila de Servicios Sociales, Patricia Durán, explica, papeles en mano, que Sanidad respalda la legalidad de todos los materiales empleados por el catering. Tiene en su poder un informe oficial del Servizo de Seguridade Alimentaria que contesta a la solicitud que, en su día, presentó el ANPA solicitando la sustitución de las bandejas de policarbonato y que el Concello remitió a la Xunta. El mismo dice literalmente que «las bandejas utilizadas para el servicio de comedor no están compuestas de policarbonato (que pudiera contener el bisfenol-A), sino de polipropileno, que no está afectado por los reparos que originaron la solicitud de cambio». La Xunta realizó incluso una inspección a la empresa.
Los informes, señala la concejala, «confirman que los materiales son los autorizados y cumplen la normativa actual según las autoridades sanitarias».

viernes, 28 de marzo de 2014

CONCERTO EN BAIONA

« Atrás

Espectaculo infantil "TOC TOC"


Volve o programa FalaRedes, de dinamización lingüística, co concerto de Pablo Díaz “TOC-TOC”. Trátase dun espectáculo para nenos e nenas de 3 a 10 anos, onde se mesturan a tradición galega e o rock, o pop, folk e soul. Cancións como o Piollo e a Pulga e Mazarico converten a este concerto nunha festa na que os nenos e nenas bailan e cantan a nosa lingua.  Tras revolucionar ao público infantil coa xira de TIC TAC,  Pablo Díaz, volve cun musical no que invita a cantarlle á alegría e a amizade, á vez que inculca nos cativos valores como o ecoloxismo ou a paz, dun xeito lúdico e co galego como lingua.

FalaRedes chegará a Baiona con este espectáculo o sábado 29 de Marzo de 2014, e o concerto terá lugar no Auditorio V Centenario de Baiona ás 18:00 h. con entrada libre.

Organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración co Concello de Baiona.

jueves, 13 de marzo de 2014

Campaña para relanzar a gratuidade dos libros de texto e material escolar

A Confederación de Anpas Galegas vén de acordar na reunión da súa Xunta Directiva celebrada en Compostela o pasado 7 de febreiro, o inicio dunha campaña para relanzar a permanente reivindicación da gratuidade de todo o material escolar, e moi en concreto dos libros de texto, no ensino obrigatorio así como a aposta polo sistema de préstamo como fórmula para artellar o uso de libros de texto na nosa Comunidade.
Nós entendemos o ensino obrigatorio como unha incuestionabel responsabilidade social, como unha conquista histórica que debemos aprezar dun xeito distinguido. E esa especial atención tense que materializar na presenza de todas as facilidades necesarias para que toda a infancia e toda a xuventude teñan os medios abondos para aproveitar e se beneficiar deste esforzo conxunto.
Defendemos a absoluta, completa e universal gratuidade de todo o ensino público obrigatorio, e de todo o material que ese ensino precise; e asumimos totalmente o informe de outubro de 2013 da Defensora do Pobo: A Constitución non só define o ensino básico como gratuíto, senón tamén como obrigatorio. E do estabelecemento dese deber constitucional ten que se deducir o correlativo deber público de proporcionar todos os medios imprescindibles para que poida ser cumprido.
Por iso,  comezamos unha campaña de demanda social na que as asociacións de nais e pais de alumnos deste País, diremos publicamente que queremos que sexa a administración educativa galega quen proporcione os libros de texto, e esixiremos que o faga sen subvencións nin cheques, senón mediante un sistema de préstamo que, ademais de asumir a obriga pública de facilitar que o ensino obrigatorio sexa gratuíto, participe tamén na difusión dos valores da reciclaxe, do coidado e do traballo en equipo entre a nosa xuventude.

A nosa anpa, na asemblea realizada o pasado martes acordou por maioría dos asistente apoiar esta campaña, polo que no próximo consello escolar levaremos unha proposta para que o centro tamen se sume a esta campaña.
 Mais información no seguinte enlace:

Sobre a elección de director@s de centros de ensino

A Confederación de Anpas Galegas rexeita a antidemocrática normativa de elección de directores



Dende o momento no que apareceu o primeiro anteproxecto do que hoxe xa é a LOMCE, as asociacións de nais e pais de alumnos dixemos sempre que esta Lei pretendía botar ás familias fóra dos centros educativos. Agora, coa lei xa aprobada, imos ir comprobando, paseniñamente, como aqueles primeiros ditos estanse convertindo en realidades.

Esta lei deseña un modelo formativo, que non educativo, encamiñado exclusivamente á obtención de traballadores, un sistema utilitarista do ensino, onde o paso do alumnado polas aulas só se xustifica pola consecución de competencias que servan para a súa futura integración no mercado laboral.

E nese contexto, as familias, as nais e pais do alumnado, non queren que teñamos nada que dicir; e así reduciron drasticamente as posibilidades de decisión dos consellos escolares, e así tamén, como sae estes días na prensa, retírannos, e tamén llelo fan ao propio profesorado, a capacidade de crear un consenso real na escolla dos directores ou directoras dos centros educativos.
Pero as familias somos parte da comunidade educativa e o noso dereito é participar activamente na educación das nosas fillas e fillos de acordo co resto dos actores desa comunidade e, nomeadamente, dacordo co profesorado.

Por iso, dende a  Confederación de Anpas Galegas, rexeitouse totalmente a nova normativa de elección de directores que apareceu bocexada estes días, e sumámonos á idea de que non existan candidaturas que non veñan avaladas pola comunidade escolar no seu conxunto, para a que vida dos nosos centros de ensino continúe, malia a LOMCE, coa normalidade democrática que lles cómpre.

Tes mais información no seguinte enlace:




lunes, 24 de febrero de 2014

MAREA VERDE DAS PALABRAS

O pasado sábado membros da comunidade escolar do Chano Piñeiro, estivemos apoiando a convocatoria en defensa da educación pública celebrada na Ramallosa.
No seguintes enlaces tedes información sobre a devandita concentración. 


Nova do diario digital valminor.info.

Por un ensino público, laico e democrático centos de manifestantes encheron as pontes da Ramallosa.

Correo-eImprimirPDF
A "vella" e a "nova" quedaron pequenas para albergar aos centos de manifestantes que este sábado saíron cara á Ramallosa para repudiar a reforma educativa LOMCE e reivindicar o dereito a un ensino público, laico e democrático. A Coordinadora de Centros de Ensino do Val Miñor que representa á práctica totalidade dos centros públicos da comarca, desenvolveu "A marea das palabras", nas pontes da Ramallosa no que foi a terceira gran manifestación pública nos últimos meses, tralas convocatorias dunha Marea Negra en San Campio e a Cadea humana en Praia América.

Estudantes, docentes e veciños portaron ao longo das pontes e rúas carteis e pancartas que reclamaban entre outras esixencias: "Inclusíon", "Pacto educativo"," Ensino para tod@s", "Loita polo ensino", "Laicidade", "Democracia", "Garantía de igualdade" e "Empatía", como claves para un "Ensino do futuro".
Baixo o lema "Palabras nas pontes" os colectivos educativos da comarca mobilizaronse novamente para defender o sistema público de ensino "condición indispensable dunha sociedade democrática e igualitaria." e para insistir na urxencia de construír un novo modelo educativo capaz de responder ás necesidades do presente, coa participación de toda a comunidade e dende a base".

lunes, 16 de diciembre de 2013

NADAL 2013

PROGRAMACIÓN DA CONCELLERÍA DE CULTURA PARA O NADA

Venres día 20 as 19 horas

  • "Payasolandia. Diversión para toda la familia!"

    protecpayaultimo
    Localización : Auditorio Lois Tobío
    Contacto : Venda anticipada de entradas: 619 085 206
    Billeteira: Adultos 8'00€ Nenos 7'00€

    Sabado día 21 as 18 horas

    "Laranxus 7" - Avento Produccións

    Sábado 21 Diciembre 2013, 18:00
    Avento Prod 21 decLaranxus 7 é un espectáculo de títeres dirixido a publico infantil no que se tratan temas como a ecoloxía, a tolerancia, a amizade e a solidaridade.
    Verde é un extraterrestre que habita o planeta Laranxus 7. Leva unha vida do máis monótona e aburrida, só e sen ninguén con quen xogar.
    Cando o seu planeta é colonizado por uns malvados e horribeis invasores, Verde, o noso protagonista, embárcase nunha fantástica viaxe na procura de axuda. A súa odisea levarao a coñecer distintas razas e lugares do universo que acabarán por cambiarlle a súa visión do mundo e a descubrir o verdadeiro valor da amizade.






    Domingo día 22 as 18 horas

    "Titiricircus" - Títeres Tanxarina

    Domingo 22 Diciembre 2013, 18:00 - 19:00
    Tanxarina 22 decTrátase dunha lembranza fantástica e festiva do grande circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con marionetas de fíos as glorias do seu pasado na pista. Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica, o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo...
    Técnica: Marioneta de fios e actores
    Público: Familiar
    Duración: 1 hora

    Localización : Auditorio Luis Tobío
    Billeteira: 2.50€ (prezo único)


    luns día 23 as 18 horas

    "Pequena" - Talía Teatro

    Lunes 23 Diciembre 2013, 18:00
    Talia 23 decHai pequenas que son xigantes, como Barbadac, a ogresa, filla do ogro que gardaba o tesouro das botas de sete leguas até a chegada de Polegariño. Barbadac escolleu non gardar tesouros, senón compartilos, como Petipuá, a pulga artista, que quixo levar o seu espectáculo a todas as partes do mundo, incluída a Illa dos Salvaxes, e demostrou que non hai límites nin fronteiras para conseguir o que desexas, nin aínda sendo pequena coma unha pulga. E hai pequenas cunha imaxinación grande, coma Nadiña, que é quen nos conta as historias de Barbadac e Petipuá, quen nolas presenta con bailes, con cancións, con alegría e cunha forza enorme. Hai grandes pequenas e grandes pequenos, tan grandes que poden cambiar o mundo ao seu xeito.
    Localización : Auditorio Lois Tobío
    Billeteira: 2.50€ (prezo único)

    Martes día 24 as 18 horas

    "Laia, aprendiza de maga" - Animar-T

    Martes 24 Diciembre 2013, 18:00
    4 24 Dec Animar T Laia cUnha visión optimista da vida, que amosa que con esforzo e confianza nun mesmo, se pode conseguir aquilo que realmente desexamos. A obra trata das relacións entre avós e netos, desde a visión da protagonista, Laia, unha nena de 7 anos. Un espectáculo que mestura Teatro musical, máxia cómica, animación musical e a constante participación do público.
    Localización : Auditorio Lois Tobío
    Billeteira: 2'50€ (prezo único)

    Xoves día 26 as 18 horas

    "A casiña de cartón" - Animar-T

    Jueves 26 Diciembre 2013, 18:00
    5 26 Dec Animar T La casita de carton bA Adela regaláronlle uns preciosísimos zapatos de charol. A ela gustábanlle tanto que non os quería quitar nin para durmir.
    Pero como a todos nos pasou algunha vez, co paso do tempo creceu e os seus zapatiños de charol deixaron de servirlle. Lonxe de facer un drama desta situación, Adela opta por ser xenerosa e regálallos a súa curmá pequena, pero hai algo que lle queda: a caixa baleira na que viñan eses preciosos zapatos. Con ela decide crear unha casiña que chegará a converterse nunha auténtica casa de acollida de animais, protexéndose do frío e do ser máis perigoso que habita na terra: O home
    Localización : Auditorio Lois Tobío
    Billeteira: 3'50€ (prezo único)

    Venres día 27 as 18 horas

    "O Crebanoces" - María Larraiz Urrusola

    Viernes 27 Diciembre 2013, 18:00
    6 27 Dec Larraiz Quebranoces bNa noite de Nadal o padriño regálalle a pequena Clara un crebanoces con forma de boneco. De tanto partir noces, o boneco acaba rompendo e Clara desgústase moito. Para consolala o padriño contaralle a historia do boneco Crebanoces, xa que o Crebanoces en realidade é un valente personaxe que loitou co seu exército de xoguetes contra a raíña dos ratos.
    O Crebanoces é un espectáculo para monicreques inspirado no conto de Hoffman e dirixido a público familiar. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para poder ser interpretada por bandas de música popular.
    O espectáculo está producido para monicreques de mesa con manipulación mixta (siluetas, bocóns, obxectos e outros). Está dirixido a público familiar, de maneira que o desfrute será maior na medida en que acudan os nenos cos seus pais ou avós.
    No espectáculo soa completa a suite do Crebanoces de Tchaikowsky. Durante a execución da música hai pantomimas dos bonecos e, entre unha e outra parte musical, hai escenas con partes faladas dos bonecos e narración cara ao público.
    Localización : Auditorio Lois Tobío
    Billeteira: 2'50€ (prezo único)

    Sábado día 28 as 18 horas

    "Lume" - Babaluva

    Sábado 28 Diciembre 2013, 18:00
    7 28 Dec Babaluva bNun bosque onde vivían moitos animáis algo pasou que fixo ladrar ao can...
    Unha lapa de lume chegou con ganas de facer un incendio. O can chamou á vaca, a vaca ao cervo, o cervo a xabarila, a xabarila á landra, a landra preocupada foi buscar ao moucho que avisou a araña. A araña viu ao ourizo, o sapo alertou á garza que estaba comendo miñocas. A eiruga falou coa bolboreta, voluntariosas chegaron a vacaloura e o equío. E así foi como, axudándose uns aos outros, prepararon un plan para apagar o lume.
    Nesta proposta innovadora de teatro de obxectos, dúas titiriteiras recrean un bosque e aos seus animais para contar esta historia de sensibilización ambiental dirixida a nenos e nenas de 2 a 10 anos, utilizando unha técnica mixta de contacontos e monicreques de mesa.
    Neste proxecto facemos visible o traballo de moitas mulleres adicadas a diferentes facetas artísticas en diversos puntos do planeta. Mulleres e homes todas/os implicadas/os en crear emocións, divulgar valores de cooperación, respecto e compromiso social desde as linguaxes particulares das súas creacións.
    Localización : Auditorio Lois Tobío
    Billeteira: 3'50€ (prezo único)

    Domingo día 29 as 18 horas

    "O recuncho dos contos"- Pinga Teatro

    Domingo 29 Diciembre 2013, 18:00
    8 29 Dec Pinga Recuncho bObxectivos dos nosos contos:
    - Valorar as relacións de amizade e solidariedade
    - Fomentar o respeto ao medio ambiente
    - Fomentar a convivencia e a cooperación evitando as discriminacións e perxuizos
    - Fomentar a igualdade e o respeto aos demais
    Os contos, xogos e cancións dramatizaranse por unha contacontos que interactuará co público asistente, cambiando elementos de atrezzo para cada cont cun espazo escénico acorde ao recuncho
    Localización : Auditorio Lois Tobío
    Billeteira: 3'50€ (prezo único)

    Luns día 30 as 18 horas

    "Croac" - Pinga Teatro

    Lunes 30 Diciembre 2013, 18:00
    9 30 Dec Pinga Croac bHai algún tempo nun estanque galego vivían felices moitos animáis e tamén unha rá chamada Margarita moi pouco respetuosa co medio onde vivía e cos seus compañeiros e veciños, un día sucedeu algo...
    Localización : Auditorio Lois Tobío
    Billeteira: 2'50€ (prezo único)

    Xoves día 2 as 18 horas

    "Chincha, rabincha" - Furabolos | A Xanela do Maxín

    Jueves 02 Enero 2014, 18:00
    10 2 Xan A Xanela do Maxin bChincha Rabincha é un espectáculo orixinal no que se entrelazan as vidas dun pallaso paroleiro, dun bruxo pintor de soños e dun pequeno para acabar cos pesadelos que atormentan aos nenos e nenas polas noites.
    Unha historia onde o medo é o tema central, pero na que tamén se fomenta a seguridade nun mesmo e valores tan fundamentais como o respecto, a tolerancia ou a paz, nun espazo onde a imaxinación e o enxeño son as ferramentas que se utilizan para recuperrar a pizarra dos soños do "Bruxo Soñaban".
    Localización : Auditorio Lois Tobío
    Billeteira: 3'50€

    Venres día 3 as 18 horas

    "Umia, o rei dos mares" - Furabolos | Pinga teatro

    Viernes 03 Enero 2014, 18:00
    11 3 Xan Pinga Rei dos Mares bQuintiño é un neno moi imaxinativo. A noite antes de saír a navegar no barco do seu avó - "O Rei dos Mares"-, o noso amigo embárcase nunha viaxe ao mundo dos soños; no océano infinito da imaxinación, distínguense dúas illas: a dos "Felices Soños" protexida polo Gobernador Zeta e o seu fillo Felicio -gardián dos soños-, e a illa "Esperta!" rexida polo peor inimigo de todos os durmientes: Pesadelo...
    Localización : Auditorio Lois Tobío
    Billeteira: 3'50€

    Sábado día 4 as 18 horas

    "A historia do Apalpador" - Furabolos | Títeres Cachirulo

    Sábado 04 Enero 2014, 18:00
    12 4 Xan Cachirulo Apalpador bO Apalpador vén a visitarnos en compañía de todos os seus amigos, cunha nova e divertida aventura!
    O ladrón Pasmón rouba todo o que pode e agora anda tras os xoguetes dos nenos e nenas do Courel... Quen o impedirá? Coñece esta trepidante continuación do espectáculo do Nadal "A historia do Apalpador".
    Localización : Auditorio Lois Tobío
    Billeteira: 3'50€

    Domingo día 5 as 18 horas

    Cabalgata de Reis

    Domingo 05 Enero 2014, 18:00
    Os Reis Magos recibirán na Praza do Concello (no Pavillón de Deportes se chove) a todo os nenos e nenas que o desexen. E dende xa mesmo podes enviar a túa carta facendo as túas peticións no BUZÓN REAL (Praza do Concello)
    Localización : Praza do Concello

    Luns día 6 as 10 horas

    XXXII Certame de Rondallas de Reis

    Lunes 06 Enero 2014, 10:00
    Localización : Nas rúas do Casco Urbán de Gondomar
    Se chove pasará a celebrare no pavillón de deportes