VISITAS

viernes, 14 de noviembre de 2014

Eleccións ao consello escolar

Estimada familia:

Como saberedes abriuse o prazo para presentar candidaturas dos pais ao consello escolar e dende a Anpa queremos animarvos primeiramente,  a que participedes nas votacións, e en segundo lugar que vos presentedes coma candidatos a dito consello escolar.

Aínda que coa nova lei impulsada polo goberno este consello escolar pasou a ser, moi a noso pesar, un órgano consultivo, segue tendo importancia, pois é a maneira que temos como pais de dar a nosa opinión de como queremos que sexa a ensinanza dos nosos fillos e o funcionamento do colexio. Esta claro que aprobar algo en contra do que decida un consello escolar, aínda que é legal, moralmente no o sería.

Tampouco é unha tarefa que nos vaia a ocupar moito tempo do noso lecer, pois estaríamos a falar dun máximo de catro xuntanzas ao ano, dunha hora aproximadamente de duración.

Resumindo; animádevos a participar nas votacións e tamén a presentaros como candidatos a dito consello escolar.

Saúdos cordiais

No hay comentarios:

Publicar un comentario