Tal como se publicou o martes día 11 celebrouse o consello escolar, ca seguinte orde do día:
- Lectura e aprobación da acta anterior
- Programación Xeral Anual
- Días non lectivos
- Solicitude de usos de instalacións
- Rogos e preguntas
Abre a sesión o Director desculpando as persoas ausentes, a representante do concello, un representante dos pais e unha representante do profesorado.
Seguidamente pasase a lectura da acta anterior por parte da secretaria, sendo aprobada por unanimidade, pasándose ó segundo punto Programación, Xeral Anual, neste punto o director nos informa sobre este tema; no que destaca o documento marco do proxecto lector do centro entre outros puntos, punto que se aproba por unanimidade. Comentar que se algún pai está interesado en consultado, no centro deben ter unha copia para que o desexe.
No terceiro punto días non lectivos, a dirección do centro propon o día 5 de decembro e o 18 de maio, quedando estes días aprobados por unanimidade.
No cuarto punto solicitude de uso de instalacións, a dirección leva tres solicitudes.
A primeira, de un grupo de persoas como en cursos anteriores, para o uso do ximnasio para unha actividade de TAI CHI. Solicitude que foi aprobada por unanimidade, co compromiso deste colectivo de deixar as instalacións en perfecto estado.
A segundo solicitude e por parte do concello para o uso do pavillón do centro para diversas actividades ( fútbol, tenis, etc ), solicitude que tamén foi aprobada, co compromiso de deixar as instalacións en perfecto estado.
O terceiro punto e a solicitude do concello para instalar a ludoteca no comedor do colexio, unha vez feitas unha división deste.
Neste punto despois de dar as explicacións correspondentes o director, toma a palabra o Presidente do anpa, expondo os puntos polo que o anpa se opón a que a ludoteca se implante en este recinto, non no colexio, aparte de manifestar o malestar de que comezaran as obras antes de terse aprobado no consello escolar, neste punto o director comenta que unha vez tivo coñecemento delo, paralizou estas.
Estes puntos son:
- Limita o aforo do comedor, neste momento están facer uso del sobre 80 alumnos, se como está previsto volven a conceder o plan Proa, estariamos nos 100-110 comensais, co cal non habería espazo para este alumnado.
- O espazo que se usaría para a ludoteca, é usado polos comensais os días de choiva, ¿ que fariamos eses días ?.
- Tal como estaba plantexada a obra, se pecharían duas portas de seguridade, co problema que podería traer para os membros da anpa no caso que sucedese algo grave no comedor e por mor de pecharse estas portas non se poidese evacuar correctamente todo o alumnado.
- A xefatura provincial concedeu un permiso en base a unhas instalacións, estas se modifican, nos arriscamos a perder este permiso.
- Segundo sanidade mentres está o comedor en habilitado, non se poden facer obras.
- Non se nos espuxo ningún proxecto da obra, non sabiamos se tiñan autorización da consellería para modificar este espazo.Ante estas irregularidades o representante do anpa se opuxo, comentando que sí o final o concello instalaba a ludoteca neste espazo, convocaría de urxencia aos pais e nais, para expor que o día 31 de outubro deixabamos de xestionar o comedor, que o xestionase o concello, o colexio ou quen fose, pero os membros da directiva non nos iamos a arriscar a que pasase algo grave e poidesemos acabar no cárcere e perder o patrimonio que cada un ten.
Por outra banda, tamén comentamos a mais o seguintes problemas o centro ia estar aberto ate o peche da ludoteca, quen é o responsábel de posibles danos, en días non lectivos o mesmo problema, o espazo habilitado para a ludoteca non ten baños, quen se fai responsable se algún usuario fai algún dano no mobiliario, xoguetes dos alumnos de infantil que están nos pasillos etc.
Ante todas estas cuestións, e despois de debatelas entre os presentes se acorda non aprobar esta solicitude por unanimidade.
No derradeiro punto, en rogos e preguntas se falan as seguintes cuestións:
- Que incidencia tivo a folga do ensino no centro, o cal se nos informa que o día 21 apoiaron a convocatoria duas persoas e o día 27 tres persoas.
- Se pregunta se as baixas médicas estanse a cubrir correctamente por parte da administración, o que se contesta que a día de hoxe sí.
- Preguntase poo plan Proa, e a día de hoxe non hai noticias de que non se vaia a impartir, que están a espera de noticias.
- Plan Avalar, se nos comenta que este curso despois de non ter sido concedido este proxecto no curso pasado, e valorando o forte investimento que tiña que facer dende o centro para adaptar as instalacións para o devandito plan, acordouse non solicitalo, dende o profesorado se comenta que este centro encanto as TICS é un referente, o cal os pais presentes apoiamos pois so hai que ver o traballo que se fai na paxina web do centro, así como nos diversos blogs dos distintos curso, biblioteca etc.Tamen se fai varios rogos:
- Que se traslade a empresa de transporte certas deficiencias que nos fan chegar distintos pais como que os buses arrancan antes de que os alumnos esteen sentados, que deixan nenos nas paradas sen que esteen os pais a recollelos, etc.
No debate que xurde por esta cuestión se nos recorda a anpa para que o trasmitamos da necesidade de que respectemos os sitios habilitados para os autobuses, así como que non aparquemos nos lugares prohibidos, o cal comentamos, que este punto sempre lle prestamos atención nas asembleas e que volveremos a facelo.
- Se solicitan mais mesas para o comedor pois se se aproba o plan PROA serán necesarias.
- Se informa o consello escolar, por parte da anpa que os gastos orixinados pola devolución dos recibos de comedor serán de 10€, se comenta que na reunión sobre comedor de principio de curso se informou os pais que se algunha familia estaba en apuros e algún mes non podía facer frente o pago nos avisase antes do día 12, e ese mes non se lle pasaría o recibo, ate o mes seguinte.
- Por ultimo o anpa informa sobre o alumnado becado polo concello, que debido a que o concello so cubre 4€, e o anpa cobra 1€ o mes de xestión de comedor, do cal están exentos os socios, estas familias o se fan socias, o terán que pagar un recibo de 10€ ( 1 € por mes ), senón aplicarase o regulamento co cal se lle podería impedir o uso do comedor, por deudas con este.
No hay comentarios:
Publicar un comentario