VISITAS

lunes, 25 de enero de 2016

GRACIAS AOS SOCIOS DA ANPA E AS EMPRESAS COLABORADORAS

Os membros da Anpa do Chano Piñeiro estamos a por ao día toda a información, pondremos nestes días as novas empresas colaboradoras da Anpa que coa súa generosa aportación económica axudan a que se realice as diferentes actividades da Anpa ao largo do curso 2015/2016. Estamos abertos a novas axudas de novas empresas colaboradoras, as que queiran facer a súa aportación económica para axudar a Anpa do Centro Chano Piñeiro, serán publicados os seus nomes neste blog,  xunto cos seus descontos especiais aos socios.

Iremos pondo novos enlaces das diferentes actividades que se vayan realizar así como novas reunións para os pais dos alumnos asociados.

Queremos dar as gracias a tódalas empresas colaboradoras, tódolos socios da Anpa, aos novos e os que repiten ano tras ano porque gracias a vosa colaboración he posible que podamos axudar nas matrículas da actividade de natación, se realice a aula matinal, facer algunha excursión e axudar ao Centro Chano Piñeiro entre outras.

Calquera consulta  de como facerse socio da Anpa, ainda estades a tempo, non dudedes en porvos en contacto co Centro ou calquera dos socios voluntarios da Anpa, ou  mediante algunha nota no buzón que hay no centro, ao lado de secretaría.

Gracias pola vosa colaboración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario