martes, 29 de mayo de 2012

CAMPAMENTO INFANTIL


Noticia publícada polo diario dixítal " INFO VAL MIÑOR "


Gondomar ofrece 70 prazas para un campamento infantil no mes de xuño

.A Concellería de Igualdade de Gondomar, e a través do Centro de Información á Muller, anunciou a posta en marcha de "Gondoverán". A iniciativa propón un campamento de lecer e tempo libre para cativos, fillos de persoas en activo ( por conta propia ou allea), co obxectivo de favorecer " a conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de xullo", segundo información do CIM Gondomar. As inscrición para 70 prazas se ábrense o vindeiro martes 1 de xuño ata o día 12 do mesmo mes.

 O campamento desenvolverase con sede no CEIP Chano Piñeiro. Nel terá lugar unha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento do entorno próximo, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables.
Contarase con 70 prazas para rapaces e rapazas que teñan o seu empadroamento no Concello de Gondomar nacidos entre os anos 2000 (non poderán facer 13 anos antes da finalización do campamento) e 2009 (deberán ter feitos 3 anos ao inicio do campamento) e cuxos proxenitores sexan persoas traballadoras en activo (por conta allea ou propia).
En caso de quedar prazas serán admitidos doutros concellos, con preferencia de aqueles cuxos proxenitores sexan traballadores no municipio de Gondomar.
O prazo para a presentación de solicitudes será do 1 ao 12 de xuño e faranse no Rexistro Xeral do Concello de Gondomar.
O campamento está co-financiado polos fondos da Xunta de Galicia a través da Secretaría de Igualdade e do Fondo Social Europeo. Os interesados poderanse dirixir ao Centro de Información ás Mulleres sito na Casa da Cultura de Gondomar, no teléfono            986 360 224       ou en aio@concellodegodomar.com

NOTICIAS SOBRE O ENSINO


NOTICIA PUBLÍCADA NO DIARIO DIXITAL " PRAZA PÚBLICA"


As axudas parciais para libros de texto xa son máis caras que o préstamo universal

Foi unha das primeiras decisións do bipartito e unha das primeiras controversias do Goberno de Feijóo. A fin do préstamo universal de libros de texto para o alumnado de centros de ensino públicos e concertados e a súa substitución por un sistema de axudas parciais foi instaurado polo actual Executivo galego en aras da "austeridade" e co reiterado obxectivo de "facer máis con menos". Case tres anos despois do semella que o argumento comeza a ficar invalidado. Cando menos neste ámbito os termos invertíronse e o departamento que dirixe Jesús Vázquez beneficia a menos estudantes que o Goberno anterior. E faino gastando máis cartos, isto é, subvencionar xa é máis caro que prestar.
O Diario Oficial de Galicia recollía este luns unha disposición que, pola súa escasa contía económica, ben podía pasar desapercibida. A través dunha orde a Consellería de Educaciónamplía "os importes para o financiamento das axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico" en varios cursos de Primaria e Secundaria. Dado que "o importe asignado non é suficiente para atender os compromisos adquiridos ao abeiro" da convocatoria de subvencións a Xunta engádelle 3.983,35 euros. Esta modificación non tería especial relevancia se non se sumase a outra, efectuada o pasado mes de decembro e cun volume de cartos sensiblemente máis importante. Aludindo idénticos motivos engadíanse 2,95 millóns de euros á partida da chamada "gratuidade solidaria". Pero esta non é a suma total para o curso académico que está a piques de rematar. Nos Orzamentos Xerais da Xunta do pasado ano contemplábase un gasto de 9,06 millóns para 2011 e 150.000 euros para 2012. 
Educación prevé gastar 15,09 millóns nas axudas para libros en 2012, un millón máis que no último ano do programa de préstamo
Así as cousas, a suma do importe inicial e das sucesivas ampliacións dá como resultado un impacto de 12,2 millóns de euros nas contas públicas, a maioría procedentes do orzamento de 2011, concretamente, das partidas de "axudas de texto e material escolar", do "programa gratuidade libros de texto (reposición)" para a escasa parte do programa de préstamo que aínda se mantén, e unha terceira para financiar o cambio de manuais redactados en galego, herdados do bipartito, que segundo o denominado decreto do plurilingüismo corresponden a materias que agora deben ser obrigatoriamente impartidas en castelán.
Pero as sumas non rematan aquí. Se cadra para evitar posteriores ampliacións de crédito, nos Orzamentos Xerais de Educación do presente ano 2012 as partidas son máis xenerosas. Concretamente, os cartos para "reposición" de libros -isto é, para substituír os últimos manuais en préstamo- pasou de 1,5 millóns en 2011 a só 50.000 euros, a mesma cantidade que se reserva para mudar libros en galego pola súa versión castelá. Pero o concepto "axuda libros de texto e material escolar" sobe sensiblemente, chegando aos 15,09 millóns. É esta, polo tanto, a cantidade que cómpre tomar como referencia á hora de comparar a "gratuidade solidaria" co préstamo implantado polo Goberno anterior. No último orzamento do gabinete de PSdeG e BNG a partida de "fondos bibliográficos-gratuidade libros de texto" supuña 14,4 millóns. Polo tanto, mentres que as axudas parciais -a maioría non cobren o custe total dos libros- chegan, segundo a propia Xunta, a "sete de cada dez" escolares, o préstamo chegaba a todos investindo un millón de euros menos.

Cobramentos atrasados e menos cartos para libros en galego

O incremento de custes non é a única disfunción do sistema de libros escolares subsidiados no canto do préstamo. Non en van, a ampliación de crédito do mes de decembro producíase poucos días despois de que, tal e como recollía daquela o diario El País, o sector das librarías advertise de que a Xunta lle adebedaba case 3 millóns de euros, a razón duns 20.000 euros por establecemento, que os libreiros gastaran en concepto de adianto das propias subvencións ás familias.
As axudas para libros de texto en galego, obrigatorias por lei, caeron un 72% dende o ano 2009
Ao tempo, o incremento do gasto na "gratuidade solidaria" é inversamente proporcional aos fondos que Educación destina á subvención dos manuais escolares en lingua galega ou, o que é o mesmo, a cumprir o establecido no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega e na Lei do Libro e da Lectura, que en 2006 converteu en obriga legal a "potenciación da produción editorial en galego mediante unha liña de axudas que asegure a existencia dunha oferta suficiente de materiais didácticos naquelas áreas en que a lexislación educativa determine que a lingua galega sexa a lingua vehicular da súa aprendizaxe". Dende o cambio de Goberno as axudas desplomáronse ata un 72%.
A primeira gran tesoirada chegou en 2010, cando a Secretaría Xeral de Política Lingüística pasou dos 1,05 millóns de euros cos que contara en 2008 e 2009 a 501.617 euros. En marzo de 2010 a secretaría aínda dirixida por Anxo Lorenzo convocadba de novo as axudas e facíao "por unha contía máxima de 400.000 euros". Entre protestas do sector a resolución das subvencións dilatábase no tempo ata que o 7 de setembro quedaba "sen efecto" a causa do "necesario equilibrio entre ingresos e gastos" da Xunta. Non obstante, ante do remate do ano volvíanse convocar, pero por 300.000 euros e cunha advertencia incluída: "En todo caso, o gasto proxectado queda sometido á condición suspensiva da existencia de crédito axeitado e suficiente para tal fin nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012".

lunes, 21 de mayo de 2012

NOTICIAS SOBRE O ENSIO


NOTICIA PUBLICADA POLO XORNAL " PRAZA PÚBLICA "

Unicef censura que a Xunta eliminase os libros de texto gratuítos

Unicef critica os recortes da Xunta. A Axencia das Nacións Unidas para a Infancia destaca no seu último informe para España "a redución no gasto público do Estado en moitos ámbitos, dos que non escapan os directa ou indirectamente relacionados cos nenos". A organización subliña que coa chegada da crise económica "as axudas monetarias ás familias e á infancia desaparecen ou restrínxense" en varias administracións, e censura que o Executivo autonómico substituíse "a gratuidade universal dos libros de texto por un sistema de bolsas con moito menos alcance". 
"Algunhas comunidades que foran pioneiras na gratuidade universal dos libros de texto mediante programas de préstamo e reutilización como Castela-A Mancha ou Galicia suprimiron estas axudas e subsituíronas polos sistemas de bolsas con moito menos alcance", asegura o informe, que critica tamén que Madrid "eliminase as bolsas aos libros e cadernos de exercicios dos rapaces de educación infantil". A gratuidade dos materiais escolares fora unha medida instaurada polo Goberno de coalición de PSdeG e BNG e eliminada polo Executivo do PP ao pouco de chegar a San Caetano. 
En referencia a datos concretos, o informe de Unicef destaca a boa situación de Galicia en canto ao número de bibliotecas. Nesta listaxe, a comunidade sitúase como a cuarta autonomía con máis espazos de lectura, con 13 bibliotecas por cada 10.000 cativos, só superada por Estremadura, Aragón e Castela-A Mancha.  Sobre consumo televisivo, os rapaces galegos son tamén dos que menos tempo pasan fronte a ela, cun 37% de mozos que gastan polo menos dúas horas ao día vendo a tele, e ante o 47,6% de media estatal. 
"Coa crise, as axudas monetarias a familias e á infancia desaparecen ou restrínxense"
Por outra banda, o alarmante informe de Unicef destaca que os nenos son xa o colectivo máis pobre no Estado, así como o máis afectado pola crise económica. Case 2,2 millóns de nenos viven por baixo do limiar da pobreza en España (menos do 60% da media dos ingresos anuais por fogar), o que supón 205.000 menores máis que hai dous anos, segundo o informe Infancia en España 2012-2013 que vén de ser presentado por Unicef España.
O documento destaca que a pobreza infantil, que estivo estabilizada durante os últimos anos no 24% dos menores de idade, superou xa o 26%, unha cifra que nunca se alcanzara para os cativos desde que existen datos oficiais. Ademais, sublíñase tamén que o número de fogares con rapaces con todos os seus membros adultos sen traballo creceu un 120% entre 2007 e 2010.
O número de fogares con nenos nos que todos os membros están sen traballo medrou un 120%
Do mesmo xeito, a pobreza crónica (aqueles que levan tres dos catro últimos anos baixo o limiar da pobreza) incrementouse nun 53% en tres anos, mentres que en 2010 o 13,7% dos nenos vivía en fogares cun nivel de precariedade alta (familia con dous nenos menores de 14 anos con ingresos inferiores a 10.983 euros anuais), sendo a cifra máis elevada de todos os países da UE dos 15, e só por debaixo de Romanía e Bulgaria na Europa dos 27.
En canto ao número de familias con baixos ingresos que reciben axuda da Seguridade Social por cada fillo a cargo sitúase en máis dun millón en 2011, o que supuxo un crecemento de case 100.000 colectivos nos últimos dous anos. Estes datos produciron, segundo Unicef, que haxa un cambio nos costumes de consumo, afectando nun primeiro momento a actividades de lecer pero que se estendeu tamén á educación dos nenos, a participación en actividades extraescolares e finalmente a gastos relacionados coa alimentación.
"Os custos de non actuar agora afectan os nenos e comprometen o crecemento e o benestar da sociedade"
A directora executiva de Unicef España, Paloma Escudero, cre que é "imprescindible mirar máis aló do curto prazo e analizar detidamente o posible impacto presente e futuro das decisións que se tomen en cada momento". "Os custos de non actuar agora non só afectan os nenos e as familias máis vulnerables senón que comprometen o crecemento e o benestar de toda a sociedade a medio e longo prazo", dixo. 
Unicef propón recuperar o rostro humano do impacto da rise e advirte de que os nenos sofren como poucos o aumento no estrés dos aduultos, o que incrementa a tensión e provoca tamén un sentimento de culpa entre os máis pequenos. "É neceario protexer os dereitos dos nenos; o custo de oportunidade social e econóimco de non intervir a  medio e longo prazo é moi alto", asegura Unicef, que cre "urxente e importante" apostar polos cativos, polo que solicita que as políticas da infancia "volvan á axenda política porque esta aposta é estratéxica".
"As políticas da infancia deben volver á axenda porque é unha aposta estratéxica" 
"Comprobouse que con políticas adecuadas a situación destes colectivos mellorou cando se incluíron na axenda política", explicou Escudero, que puxo como exemplo o traballo con colectivoc como a terceira idade ou as vítimas da violencia de xénero.  Así, entre as propostas de Unicef para realizar estas políticas atópase a protección dos investimentos destinados á infancia; situar aos nenos e as súas familias no núcleo das decisións políticas; mellorar a coordinación, a eficacia e a coherencia na xestión da  saúde, a educación, a protección da infancia e a loita contra a pobreza, así como elaborar un Plan Nacional contra a Pobreza Infantil.

NOTICIAS SOBRE O ENSINO


NOTICIA PUBLÍCADA NO DIARÍO " LA VOZ DE gALICIA "


El Consejo Escolar del Estado pide un esfuerzo a los docentes para salir de la crisis

Su presidente ha reconocido que los recortes inciden especialmente en el profesorado y aunque entiende sus protestas les pide comprensión ante unas medidas que califica de temporales

0 votos
El presidente del Consejo Escolar del Estado, Francisco López, ha afirmado que los ajustes en educación aprobados por el Gobierno español tienen una incidencia «sustantiva» en el profesorado, al que ha pedido no obstante que entienda que las medidas son «excepcionales» para un tiempo de crisis.
López, quien pronuncia esta tarde una conferencia en la Universidad de Navarra titulada Liderazgo de la dirección y autonomía escolar, ha comentado que el momento «es difícil» y «sería injusto no hacer un esfuerzo de contextualización para entender esos ajustes».
Los ajustes en materias como ratiosjornada lectiva ocomplementos retributivos, ha dicho, modifican las condiciones laborales de los profesores y eso «nunca sienta bien, y es humano, es lógico que se puedan producir movimientos de protesta».
Ha reconocido que hay una incidencia esencial sobre el profesorado pero es necesario, a su juicio, que los docentes comprendan que los ajustes «son excepcionales para un momento excepcional; no tienen vocación de permanencia». De lo que se trata, ha subrayado, «es de salir a flote en este momento difícil para el país en su conjunto y para todos sus componentes, y de mirar un poco más allá, porque, si no, nos hundimos en el agujero».
El presidente del Consejo Escolar ha asegurado que el profesorado español debe tener confianza en que se puede mejorar el sistema educativo incidiendo sobre factores sobre los que hasta ahora no se ha operado, como la carrera profesional, incentivos tanto económicos como de desarrollo personal, y el aprovechamiento de su experiencia para la formación de otros docentes.
«Hay una abanico amplio de posibilidades de mejora centradas en el factor profesorado, que es el activo más importante de la educación», ha destacado López, quien ha estimado que, para transmitir esos conceptos a los profesores, el esfuerzo pedagógico es imprescindible, aunque no se ha considerado en condiciones de juzgar «si se ha hecho poco o mucho» esfuerzo.
En ese sentido, ha abogado por transmitir a los profesores «un mensaje de ánimo», que no se vea por los docentes «como un mensaje cínico», sino como «un mensaje realista».