« Atrás
Espectaculo infantil "TOC TOC"
Volve o programa FalaRedes, de dinamización lingüística, co concerto de Pablo Díaz “TOC-TOC”. Trátase dun espectáculo para nenos e nenas de 3 a 10 anos, onde se mesturan a tradición galega e o rock, o pop, folk e soul. Cancións como o Piollo e a Pulga e Mazarico converten a este concerto nunha festa na que os nenos e nenas bailan e cantan a nosa lingua. Tras revolucionar ao público infantil coa xira de TIC TAC, Pablo Díaz, volve cun musical no que invita a cantarlle á alegría e a amizade, á vez que inculca nos cativos valores como o ecoloxismo ou a paz, dun xeito lúdico e co galego como lingua.
FalaRedes chegará a Baiona con este espectáculo o sábado 29 de Marzo de 2014, e o concerto terá lugar no Auditorio V Centenario de Baiona ás 18:00 h. con entrada libre.
Organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración co Concello de Baiona.
No hay comentarios:
Publicar un comentario