VISITAS

lunes, 29 de agosto de 2011

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2011/2012

ORDE do 24 de maio de 2011 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2011/2012 nos centros docentes sostidos con fondos públicos.

A disposición adicional quinta da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 4 de maio), establece que as administracións educativas fixarán anualmente o calendario escolar e que este comprenderá un mínimo de 175 días lectivos para o ensino obrigatorio.
Tendo en conta que as funcións de planificación, regulación e administración do ensino regrado son competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e co obxecto de fixar o calendario escolar e as actividades de fin de curso para o curso 2011/2012 nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,
Esta orde é de aplicación en todos os centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos.
Artigo 3. Duración do curso académico.
1. O curso académico abranguerá desde o día 1 de setembro de 2011 ata o 31 de agosto de 2012.
2. Nos primeiros días do mes de setembro e ata o día 6 como máximo realizaranse as probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2010/2011 para o alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.
3. As sesións de avaliación e a entrega de cualificacións da dita convocatoria extraordinaria poderán realizarse ata o día 8 de setembro, incluído.
4. Sen prexuízo do establecido no artigo 10 desta orde, nos días en que teñan lugar as probas extraordinarias será de aplicación o punto 107 das instrucións que regulan a organización e o funcionamento dos institutos de educación secundaria, aprobadas pola Orde do 1 de agosto de 1997 (DOG do 2 de setembro), e o punto 127 das instrucións que regulan a organización e o funcionamento dos centros públicos integrados, aprobadas pola Orde do 3 de outubro de 2000 (DOG do 2 de novembro). Para tal fin, as direccións dos centros elaborarán o correspondente horario de gardas.
5. O alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato que non puidese matricularse no prazo ordinario poderá facelo no prazo extraordinario, que rematará o día 12 de setembro de 2011, incluído.
Artigo 4. Comedores escolares dos centros públicos.
Os comedores escolares funcionarán en educación primaria desde o día 12 de setembro de 2011 ata o 22 de xuño de 2012. En educación secundaria obrigatoria funcionarán desde o 16 de setembro de 2011 ata o 22 de xuño de 2012.
Períodos de vacacións.
1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2011 ata o día 8 de xaneiro de 2012, ambos os dous inclusive.
2. Semana Santa: desde o día 2 ao 9 de abril de 2012, ambos os dous inclusive.
3. Entroido: días 20, 21 e 22 de febreiro de 2012.

*A este calendario faltanlle os días festivos locais e dous días que son elexidos polo consello escolar do centro a petición do claustro de profesores, dos cales teredes información cando sean acordados.
No pasado pleno celebrado este xoves día 15 aprobaronse os días festivos locais que corresponde co día 11 de xulio " San Benito" e 16 de agosto " San Roque" polo cal non afecta ó calendario escolar do centro.
http://www.edu.xunta.es/web/node/2671

No hay comentarios:

Publicar un comentario