VISITAS

lunes, 29 de agosto de 2011

AXUDAS ESCOLARES DO CONCELLO

O Concello de Gondomar publica a convocatoria de axudas municipais para a compra de material escolar e para o comedor do próximo curso 2011-12. As axudas de material escolar están dirixidas aos alumnos dos centros docentes públicos da segunda etapa de educación infantil, e as de comedor aos alumnos dos centros públicos de educación infantil e educación primaria. O prazo para presentar as solicitudes termina o 3 de setembro (inclusive).

As bases reguladoras da convocatoria están a disposición dos interesados no Rexistro Xeral do Concello e no departamento de Benestar Social na Casa da Cultura


No hay comentarios:

Publicar un comentario