VISITAS

martes, 17 de mayo de 2011

RESOLUCIÓN DO VALEDOR DO POBO

A finais do mes de abril, recibimos a resolución do Valedor do Pobo, sobre a reducción de horas do profesor de audición e linguaxe, e a falta do profesor de apoio para educación infantil.
A continuación públicamos a resolución deste organismo, resolución que volvemos a recurrir ante esta institución xa que so contestan a reducción de horario do profesional de audición e linguaxe, faltando por contestar por que razón non se nomeou o profesor de apoio.
Recomendo a lectura do informe, xa que é bastante clarificante por onde van os recortes en educación, non lles importou tirar os libros de texto que estaban en galego e que ainda tiñan dous cursos mais de validez, nin gastar cartos nas famosas enquisas que tivemos que cubrir sobre que lingua queriamos para os nosos fillos.
Pero no lles  importan si os nosos fillos teñen problemas de dislexia, de fala etc. despois se lle enche a boca a falar de reducción de fracaso escolar; mal vamos si seguen por esta liña.






Esta é a contestación a reclamación feita, debido a falla de contestación pola falta do profesor de apoio para educación infantil.

No hay comentarios:

Publicar un comentario