VISITAS

jueves, 19 de mayo de 2011

RESOLUCIÓN DO VALEDOR DO POBO (1)

Hoxe unha vez estudada a contestación do Valedor do Pobo, decidimos contestarlle a este organismo, xa que nos sentimos enganados na contestación, xa que nos dicen que o cargo de director ten unha reducción de xornada de 6 horas semanais, cando a orde que regula estes aspectos dí que ten dereito a 8 horas de reducción de horas lectivas, a cal hai que sumarlle outras 5 horas de libre asignación para a equipa directiva.
A continuación publicamos o escrito enviado.

Unha vez estudado a fondo a contestación a queixa do expediente D.3.Q /1856/10, queremos amosar a nosa queixa, debido a que unha vez consultados os DOG. que fan referencia na resolución, comprobamos que non son correctos os datos.



Pois na paxina nº 2 do informe se dice que o director ten dereito a unha reducción de xornada de 6 horas, pero na Orde do 22 de xullo de 1997 pola que se regulan determinados aspectos de


organización e funcionamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria (DOG. 02-09-97), no apartado de REDUCCIÓN POR DESEMPEÑO DE CARGOS,expón que os centros co unidades de 18 a 23 unidades o director ten unha reducción de xornada de 8 horas, a estas horas hai que sumarlle as 5 horas de libre designación, polo que xa estamos a falar de 13 horas.


Esperando que tomen en consideración esta queixa epor outra banda, entandan que a tardanza de este escrito, é debido a que somos un grupo de pais que estamos a traballar de maneira altruista,quitandolle horas as nosas familias, e o noso ocio por conquerir un ensino de calidade dos noso fillos.


Reciba un saúdo


José Manuel fernández Rodríguez


Presidente do anpa Pousa de Fontan do CEIP Chano Piñeiro de Gondomar

No hay comentarios:

Publicar un comentario