VISITAS

martes, 30 de noviembre de 2010

NOTICIAS ARELAS

                                                            
Novembro 2010                            
Durante os pasados meses de Outubro e Novembro sorprendemos ós nosos comensais con algunha que outra novidade, por exemplo, no mes de Outubro puideron degustar a Froita Ecolóxica, que nesta ocasión, aproveitando a tempada, tratouse da mandarina.

Probaron o Iogur Ecolóxico, que, como era de esperar, encantoulles, polo que repetiremos tódolos meses.

No mes de Outubro coñeceron o Pan de Cereais e a comida Mexicana e no mes de Novembro o Pan de Soia e a comida Brasileira.

Cada vez que lles introducimos algún alimento novo o acompañamos dunha explicación sinxela, que poidan entender e así ampliar os seus coñecementos sobre a alimentación.

Consideramos que é moi importante que as familias coñezades ó máximo todo o referente á alimentación d@s vos@s fill@s, polo que tamén vos achegamos unha pequena anotación sobre estos alimentos.

Iogur Ecolóxico é un iogur elaborado con leite de vaca e sen ningún aditivo. Grazas a súa elaboración con leite fresca, provinte de vacas criadas en liberdade, este iogur ten un alto contido en proteínas e calcio, baixo en acidez, graxas e lactosa.

A Froita Ecolóxica é a que no seu cultivo non se empregan produtos químicos, ou a menor cantidade posible.

A maioría das froitas cultivadas para a súa comercialización son tratadas cunha importante cantidade de produtos químicos para potenciar o seu crecemento, eliminar pragas de insectos e mesmo algunhas variedades son modificadas xenéticamente para acadar unha froita dun aspecto e tamaño ideais para a súa venda.

O que acontece cando consumimos de xeito prolongado este tipo de alimentos é que imos acumulando no noso organismo unha serie de residuos tóxicos que a longo prazo poderán ser perxudiciais.

A Soia é unha legume básica na dieta dos países orientais (China, Xapón, Corea, A India, etc...)

É moi rica en hidratos de carbono, fibra e proteínas vexetais, así mesmo é unha fonte importante de minerais como o magnesio e o ferro, vitaminas do grupo B e ácido fólico.

Os cereais O pan de cereais contén fibras, vitaminas e ferro. Os cereais tamén teñen amidón, proteína e minerais. Algúns destes, atópanse en pouca cantidade na dieta habitual da maioría da xente.

Os grans enteiros teñen moita vitamina B, vitamina E e fibras. Estas son importantes porque poden diminuír o risco de padecer enfermidades do corazón.

Debemos ter presentes as virtudes de todos estes alimentos, pero sempre que se consuman dentro dunha dieta variada e equilibrada.

Por outra banda, o que máis lles chamou a atención foron os menús de México e Brasil, que elaboramos con productos típicos de cada zona pero adaptados ó padal dos nosos pequenos comensais. Houbo todo tipo de comentarios, aínda que, en xeral, tiveron boa aceptación.

Durante o mes de Decembro, tendo en conta que son datas de moitos excesos, levaremos o tema das novidades un pouquiño mais relaxado...

No hay comentarios:

Publicar un comentario