VISITAS

martes, 30 de noviembre de 2010

NOTICIA SOBRE A REDUCCIÓN DE PROFESORADO

Pica sobre o titular,  para leer mais sobre este artículo públicado o pasado domingo día 28 de novembro, no diario o pais.

2 comentarios:

  1. Isto é unha vergoña!
    Eu teño aos meus fillos en educación infantil, e a nena, que ten problemas de logopedia, teño que levala a un centro de pago.
    Na Seguridade Social, déronna de alta, porque hai nenos peor que ela, e somentes hai unha foniatra, no Xeral para todo o sur de Pontevedra. Como tamén só hai un centro en Vigo, para atender estes nenos, que tamén é para todo o sur de Pontevedra.
    A miña filla está indo unha vez a semana, coa mestra de audición e linguaxe. Comezou o cole indo, e en menos dun mes, deixou de ir, porque lle dixen a súa mestra, que na seguridade social lle deran a alta. Cando voltei a falar coa mestra, e lle dixen que foramos a outro médico, porque mirábamos que a nena non estaba ben, e éste díxonos, que a nena tiña problemas de logopedia, decidiron que a nena volvese a ir a estas sesións.
    A realidade é que, se non se colle a estes nenos a tempo, estamos diante de nenos con fracaso escolar. E podo decir, porque os vexo prácticamente a diario, que en 6º de Infantil, en ámbalas dúas clases, hai moitos nenos con este problema. E se non se collen a tempo, o ano que ven vailles costar moito empezar a ler e a escribir.
    Para o que necesitedes, aquí tedes unha nai, que sabe algo do tema.
    Saúdos.
    Virxinia.

    ResponderEliminar
  2. Virxinia tes toda a razón, cando se conseguiron estes profesionais fai uns 10 anos, basamonos en que os pais tiñan que acudir a Vigo, para esta terapia, e agora parece que volvemos a retroceder estes 10 anos, e seguramente os recortes non van quedar ahi, seguramente empezaremolo a notar nos proximos cursos na ratio de alumnos por aula, que por lei está en 25 alumnos, pero seguramente ca disculpa da crise, van se a saltar esto.
    Se non tempo o tempo.
    Eu dende aqui te animo a que lle poñas unha queixa o Valedor do Pobo.
    xa que cantos mais seamos dando a tabarra haber se nos fan mais caso.
    Saudos
    José Manuel

    ResponderEliminar