VISITAS

sábado, 13 de noviembre de 2010

CHARLAS DE ESPAZO LECTURA

Espazo Lectura botou a andar esta semana a campaña de fomento da lectura Onde hai libros hai futuro que consta da edición e distribución de diferentes materiais informativos e divulgativos sobre a importancia social da lectura e sobre as actividades que a asociación realiza no Val Miñor.

Charlas para as familias nos centro de ensino
Dentro da campaña, que se desenvolverá ao longo dos próximos meses, inclúese a edición de 4000 exemplares dunha guía dirixida a nais e pais con consellos e recomendacións para fomentar a lectura dende a casa.
A distribución desta guía irá acompañada dun programa de charlas-coloquio polos centros de ensino da zona nas que se ofrecerán estratexias para traballar dende a casa a lectura cos nenos e nenas como unha alternativa máis de ocio, pero sobre todo como un adestramento para mellorar a comprensión lectora e favorecer así a súa autonomía e competencia lectora en todos os ámbitos, tamén no escolar. Nas charlas participan Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura, e Anxo Iglesias Marino, membro da directiva da asociación.

O centro comunicará do día do acto no noso centro estade atentos pois é unha actividade moi interesante. Non esquezades votarlle unha ollada a paxina de espazo lectura, tedes un aceso no blog

O anpa

No hay comentarios:

Publicar un comentario