VISITAS

sábado, 30 de octubre de 2010

INFORMACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR CELEBRADO O PASADO DÍA 19/10/2010


Como xa informamos o pasado día 19 de outubro celebrouse o primeiro consello escolar do curso, onde o punto mais importante foi a aprobación da Programación Xeral Anual, documento no que se reflexa os obxectivos de cada nivel educativo, os días festivos acordados polo consello escolar que serán o 2 de novembro e o 16 de maio, as saídas que teñen programadas dende o centro etc.
Este documento está a disposición de todos os membros da comunidade escolar, para a súa consulta no centro.
Dende a dirección se nos informou de varias xestións feitas ante a delegación co respecto a falta do profesorado de apoio en educación infantil, así coma o recorte de horario da profesional de audición e linguaxe.
Xestións feitas para o arranxo do tellado do centro, debido as goteiras que tiña e que xa obrigou o curso pasado a pechar os baños do 1º piso o curso pasado cando chovía.
Tamén se nos informa da nova organización para o alumnado de infantil que vai transportados.
No apartado de solicitudes de instalacións do centro, aprobouse concederlle o uso a un grupo de persoas que utilizan o ximnasio para facer unha actividade de Tai chi, en este apartado tamén se abriu un debate sobre o uso do pavillón polo concello, xa que tanto os profesores coma os alumnos ( a través dos pais ), se queixan da falta de limpeza desta instalación así como da auga que entra os días de choiva.
Coma ó consello escolar non asistiu o representante do concello, e polo tanto por parte deste organismo non había quen nos garantise que se faría unha limpeza despois de uso desta instalación, acordouse permitir o uso ate navidades e facer un seguimento da limpeza desta instalación.
Infórmanos que no mes de novembro terá lugar eleccións o consello escolar, do cal renovaranse tanto pais coma profesores. conforme se vaian acercando as datas se nos informara mais polo miúdo.
En rogos e preguntas acordouse modificar o regulamento do comedor no apartado de prezo, xa que marcaba que o prezo da comida é de 2.70€, este apartado queda redactado da seguinte forma : "o prezo será o que acorde a xunta directiva do anpa unha vez aprobado polo consello escolar"
Por outra parte dende os pais que estamos no consello escolar demos a nosa opinión sobre o prezo excesivo do material para o alumnado de 3 anos en educación infantil, por parte do profesorado coméntanos que toman nota desta inqueda, e que para cursos posteriores valoraran o prezo do material.
Isto foi a grandes rasgos o que se tratou no consello escolar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario