Asociación de pais e nais de alumnos do CEIP Chano Piñeiro. Correo electrónico: anpapousadefontan@hotmail.com
VISITAS
miércoles, 4 de mayo de 2016
AUTORIZACIÓN INASISTENCIA Á REVÁLIDA DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
AUTORIZACIÓN INASISTENCIA Á REVÁLIDA DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
D./Dna., con DNI ,
e con domicilio na r/ ,
municipio de , en nome e representación da miña filla/o
menor , alumna/o do curso de 6º de Educación
Primaria no , pola presente
XUSTIFICO A SÚA INASISTENCIA Á “REVÁLIDA”, os días 11, 12 e 13 de maio
de 2016, en que está prevista a realización da proba de avaliación final para as nenas
e nenos de 6ºde Educación Primaria, polos motivos sinalados a continuación:
1. Que non concorren as condicións técnicas legalmente previstas para a súa
condición de avaliación externa, non estando garantida a transparencia e
imparcialidade na realización da proba.
2. Que ao amparo do disposto nos artigos 2 e 4 da LODE non considero a
reválida de 6º de primaria conforme a criterios de calidade educativa posto que
somete a un estrés innecesario e inxustificado a nenos e nenas de 11 anos, así como
resulta contraria ao criterio de avaliación continua.
Polo exposto,
XUSTIFICO a inasistencia da miña filla/o á proba de avaliación final de 6º de
Educación Primaria por entender que non responde a unha mellora da calidade
educativa e que resulta contraria aos criterios de integración, diversidade e avaliación
continua e SOLICITO a supresión da citada proba diagnóstica.
En a de maio de 2016
Asdo:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario