VISITAS

lunes, 16 de diciembre de 2013

NADAL 2013

PROGRAMACIÓN DA CONCELLERÍA DE CULTURA PARA O NADA

Venres día 20 as 19 horas

  • "Payasolandia. Diversión para toda la familia!"

    protecpayaultimo
    Localización : Auditorio Lois Tobío
    Contacto : Venda anticipada de entradas: 619 085 206
    Billeteira: Adultos 8'00€ Nenos 7'00€

    Sabado día 21 as 18 horas

    "Laranxus 7" - Avento Produccións

    Sábado 21 Diciembre 2013, 18:00
    Avento Prod 21 decLaranxus 7 é un espectáculo de títeres dirixido a publico infantil no que se tratan temas como a ecoloxía, a tolerancia, a amizade e a solidaridade.
    Verde é un extraterrestre que habita o planeta Laranxus 7. Leva unha vida do máis monótona e aburrida, só e sen ninguén con quen xogar.
    Cando o seu planeta é colonizado por uns malvados e horribeis invasores, Verde, o noso protagonista, embárcase nunha fantástica viaxe na procura de axuda. A súa odisea levarao a coñecer distintas razas e lugares do universo que acabarán por cambiarlle a súa visión do mundo e a descubrir o verdadeiro valor da amizade.






    Domingo día 22 as 18 horas

    "Titiricircus" - Títeres Tanxarina

    Domingo 22 Diciembre 2013, 18:00 - 19:00
    Tanxarina 22 decTrátase dunha lembranza fantástica e festiva do grande circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con marionetas de fíos as glorias do seu pasado na pista. Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica, o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo...
    Técnica: Marioneta de fios e actores
    Público: Familiar
    Duración: 1 hora

    Localización : Auditorio Luis Tobío
    Billeteira: 2.50€ (prezo único)


    luns día 23 as 18 horas

    "Pequena" - Talía Teatro

    Lunes 23 Diciembre 2013, 18:00
    Talia 23 decHai pequenas que son xigantes, como Barbadac, a ogresa, filla do ogro que gardaba o tesouro das botas de sete leguas até a chegada de Polegariño. Barbadac escolleu non gardar tesouros, senón compartilos, como Petipuá, a pulga artista, que quixo levar o seu espectáculo a todas as partes do mundo, incluída a Illa dos Salvaxes, e demostrou que non hai límites nin fronteiras para conseguir o que desexas, nin aínda sendo pequena coma unha pulga. E hai pequenas cunha imaxinación grande, coma Nadiña, que é quen nos conta as historias de Barbadac e Petipuá, quen nolas presenta con bailes, con cancións, con alegría e cunha forza enorme. Hai grandes pequenas e grandes pequenos, tan grandes que poden cambiar o mundo ao seu xeito.
    Localización : Auditorio Lois Tobío
    Billeteira: 2.50€ (prezo único)

    Martes día 24 as 18 horas

    "Laia, aprendiza de maga" - Animar-T

    Martes 24 Diciembre 2013, 18:00
    4 24 Dec Animar T Laia cUnha visión optimista da vida, que amosa que con esforzo e confianza nun mesmo, se pode conseguir aquilo que realmente desexamos. A obra trata das relacións entre avós e netos, desde a visión da protagonista, Laia, unha nena de 7 anos. Un espectáculo que mestura Teatro musical, máxia cómica, animación musical e a constante participación do público.
    Localización : Auditorio Lois Tobío
    Billeteira: 2'50€ (prezo único)

    Xoves día 26 as 18 horas

    "A casiña de cartón" - Animar-T

    Jueves 26 Diciembre 2013, 18:00
    5 26 Dec Animar T La casita de carton bA Adela regaláronlle uns preciosísimos zapatos de charol. A ela gustábanlle tanto que non os quería quitar nin para durmir.
    Pero como a todos nos pasou algunha vez, co paso do tempo creceu e os seus zapatiños de charol deixaron de servirlle. Lonxe de facer un drama desta situación, Adela opta por ser xenerosa e regálallos a súa curmá pequena, pero hai algo que lle queda: a caixa baleira na que viñan eses preciosos zapatos. Con ela decide crear unha casiña que chegará a converterse nunha auténtica casa de acollida de animais, protexéndose do frío e do ser máis perigoso que habita na terra: O home
    Localización : Auditorio Lois Tobío
    Billeteira: 3'50€ (prezo único)

    Venres día 27 as 18 horas

    "O Crebanoces" - María Larraiz Urrusola

    Viernes 27 Diciembre 2013, 18:00
    6 27 Dec Larraiz Quebranoces bNa noite de Nadal o padriño regálalle a pequena Clara un crebanoces con forma de boneco. De tanto partir noces, o boneco acaba rompendo e Clara desgústase moito. Para consolala o padriño contaralle a historia do boneco Crebanoces, xa que o Crebanoces en realidade é un valente personaxe que loitou co seu exército de xoguetes contra a raíña dos ratos.
    O Crebanoces é un espectáculo para monicreques inspirado no conto de Hoffman e dirixido a público familiar. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para poder ser interpretada por bandas de música popular.
    O espectáculo está producido para monicreques de mesa con manipulación mixta (siluetas, bocóns, obxectos e outros). Está dirixido a público familiar, de maneira que o desfrute será maior na medida en que acudan os nenos cos seus pais ou avós.
    No espectáculo soa completa a suite do Crebanoces de Tchaikowsky. Durante a execución da música hai pantomimas dos bonecos e, entre unha e outra parte musical, hai escenas con partes faladas dos bonecos e narración cara ao público.
    Localización : Auditorio Lois Tobío
    Billeteira: 2'50€ (prezo único)

    Sábado día 28 as 18 horas

    "Lume" - Babaluva

    Sábado 28 Diciembre 2013, 18:00
    7 28 Dec Babaluva bNun bosque onde vivían moitos animáis algo pasou que fixo ladrar ao can...
    Unha lapa de lume chegou con ganas de facer un incendio. O can chamou á vaca, a vaca ao cervo, o cervo a xabarila, a xabarila á landra, a landra preocupada foi buscar ao moucho que avisou a araña. A araña viu ao ourizo, o sapo alertou á garza que estaba comendo miñocas. A eiruga falou coa bolboreta, voluntariosas chegaron a vacaloura e o equío. E así foi como, axudándose uns aos outros, prepararon un plan para apagar o lume.
    Nesta proposta innovadora de teatro de obxectos, dúas titiriteiras recrean un bosque e aos seus animais para contar esta historia de sensibilización ambiental dirixida a nenos e nenas de 2 a 10 anos, utilizando unha técnica mixta de contacontos e monicreques de mesa.
    Neste proxecto facemos visible o traballo de moitas mulleres adicadas a diferentes facetas artísticas en diversos puntos do planeta. Mulleres e homes todas/os implicadas/os en crear emocións, divulgar valores de cooperación, respecto e compromiso social desde as linguaxes particulares das súas creacións.
    Localización : Auditorio Lois Tobío
    Billeteira: 3'50€ (prezo único)

    Domingo día 29 as 18 horas

    "O recuncho dos contos"- Pinga Teatro

    Domingo 29 Diciembre 2013, 18:00
    8 29 Dec Pinga Recuncho bObxectivos dos nosos contos:
    - Valorar as relacións de amizade e solidariedade
    - Fomentar o respeto ao medio ambiente
    - Fomentar a convivencia e a cooperación evitando as discriminacións e perxuizos
    - Fomentar a igualdade e o respeto aos demais
    Os contos, xogos e cancións dramatizaranse por unha contacontos que interactuará co público asistente, cambiando elementos de atrezzo para cada cont cun espazo escénico acorde ao recuncho
    Localización : Auditorio Lois Tobío
    Billeteira: 3'50€ (prezo único)

    Luns día 30 as 18 horas

    "Croac" - Pinga Teatro

    Lunes 30 Diciembre 2013, 18:00
    9 30 Dec Pinga Croac bHai algún tempo nun estanque galego vivían felices moitos animáis e tamén unha rá chamada Margarita moi pouco respetuosa co medio onde vivía e cos seus compañeiros e veciños, un día sucedeu algo...
    Localización : Auditorio Lois Tobío
    Billeteira: 2'50€ (prezo único)

    Xoves día 2 as 18 horas

    "Chincha, rabincha" - Furabolos | A Xanela do Maxín

    Jueves 02 Enero 2014, 18:00
    10 2 Xan A Xanela do Maxin bChincha Rabincha é un espectáculo orixinal no que se entrelazan as vidas dun pallaso paroleiro, dun bruxo pintor de soños e dun pequeno para acabar cos pesadelos que atormentan aos nenos e nenas polas noites.
    Unha historia onde o medo é o tema central, pero na que tamén se fomenta a seguridade nun mesmo e valores tan fundamentais como o respecto, a tolerancia ou a paz, nun espazo onde a imaxinación e o enxeño son as ferramentas que se utilizan para recuperrar a pizarra dos soños do "Bruxo Soñaban".
    Localización : Auditorio Lois Tobío
    Billeteira: 3'50€

    Venres día 3 as 18 horas

    "Umia, o rei dos mares" - Furabolos | Pinga teatro

    Viernes 03 Enero 2014, 18:00
    11 3 Xan Pinga Rei dos Mares bQuintiño é un neno moi imaxinativo. A noite antes de saír a navegar no barco do seu avó - "O Rei dos Mares"-, o noso amigo embárcase nunha viaxe ao mundo dos soños; no océano infinito da imaxinación, distínguense dúas illas: a dos "Felices Soños" protexida polo Gobernador Zeta e o seu fillo Felicio -gardián dos soños-, e a illa "Esperta!" rexida polo peor inimigo de todos os durmientes: Pesadelo...
    Localización : Auditorio Lois Tobío
    Billeteira: 3'50€

    Sábado día 4 as 18 horas

    "A historia do Apalpador" - Furabolos | Títeres Cachirulo

    Sábado 04 Enero 2014, 18:00
    12 4 Xan Cachirulo Apalpador bO Apalpador vén a visitarnos en compañía de todos os seus amigos, cunha nova e divertida aventura!
    O ladrón Pasmón rouba todo o que pode e agora anda tras os xoguetes dos nenos e nenas do Courel... Quen o impedirá? Coñece esta trepidante continuación do espectáculo do Nadal "A historia do Apalpador".
    Localización : Auditorio Lois Tobío
    Billeteira: 3'50€

    Domingo día 5 as 18 horas

    Cabalgata de Reis

    Domingo 05 Enero 2014, 18:00
    Os Reis Magos recibirán na Praza do Concello (no Pavillón de Deportes se chove) a todo os nenos e nenas que o desexen. E dende xa mesmo podes enviar a túa carta facendo as túas peticións no BUZÓN REAL (Praza do Concello)
    Localización : Praza do Concello

    Luns día 6 as 10 horas

    XXXII Certame de Rondallas de Reis

    Lunes 06 Enero 2014, 10:00
    Localización : Nas rúas do Casco Urbán de Gondomar
    Se chove pasará a celebrare no pavillón de deportes

No hay comentarios:

Publicar un comentario