VISITAS

lunes, 27 de diciembre de 2010

Festival de nadal

Dende o anpa ante as consultas recibidas sobre a organización do festival de Nadal, organizado dende o centro ca colaboración de outros pais e tal como se nos informou nunha nota enviada.

Ante o malestar de certos pais que se negaron a mandar o euro, por que tiñan coñecemento que o anpa tiña previsto colaborar nos gastos deste festival queremos aclarar estes feitos.
No primeiro consello escolar do curso, dende o anpa fixemos un ofrecemento para pagar unha chocolatada, ou outra actividade que consideraran oportuna, pois debido a anulación da excursión de fin de curso 2009-2010 tiñamos un remanente de cartos.
O día 2 de decembro recibimos un correo, do equipo de actividades complementarias e extrescolares solicitándonos unha axuda de 300€ para o pago do aluguer do equipo de son, debidoa que  as rosquillas as doaba Cristaleiro.
Dende o anpa contestamos o día 7 explicadolle que o xoves día 9 temos reunión da directiva e trataremos este tema, pero sería convínte que nos detallara en que consiste este festival.
O día 9 recibimos un correo en que nos explican en que consistiría esta xornada.
Unha vez reunidos e debatido este tema, no parece demasiados cartos para o aluguer dun equipo de son, que so se vai usar hora e media como moito, xa que o concerto empezaría despois do recreo, pero aínda así estabamos dispostos a afrontar este gasto, polo cal mandámoslle o día 10 un correo na que pedimos que se nos aclare unha serie de temas

  • Estariamos os pais invitados
  • A cando ascende o gasto do chocolate e das rosquillas
  • Se nos dará factura da cantidade aportada
  • Que día se celebraría
Ademais comentamoslles que para falar de estes temas sería mellor ter unha reunión a primeira hora. (debido a horarios laborais)
A este correo non tivemos contestación, polo que unha vez rematado consello escolar celebrado o pasado día 14 dous membros da directiva ( José Luís e Rosa ) falan ca responsable do grupo de actividades complementarias e extraescolares, comentándolle uns detalles e pedindolle que conteste o correo.
Coma o día 19 non tivemos respostas os correos enviados dende a directiva da anpa acordamos non colaborar ca organización deste festival, pero que seguimos abertos a colaborar, sempre que teñamos información da organización destes actos pois coma asociación, nos teremos que dar contas nas asembleas.

Esperamos que esta información aclare a postura tomada dende a directiva do anpa.
Lembrar que este tema o trataremos no proximo consello escolar.

Un saudo
José Manuel
Presidente do anpa

No hay comentarios:

Publicar un comentario