VISITAS

viernes, 5 de febrero de 2010

CARTA DESFILE ANTROIDO

Estimados Sres.:
Envío este escrito, para amosar o meu enoxo, e o meu malestar, pola decisión tomada, no ciclo de infantil, de que este ano os nenos non saían co resto do seus compañeiros de primaria no desfile do entroido, que se fai tódolos anos, nas rúas de Gondomar.
Non me parece xusto, que para esta decisión, non se tivera en conta a opinión dos país dos nenos, pois así como para outras cousas, sempre se nos chama e pide axuda, por qué neste caso non se nos tivo en conta?
Paréceme que con esta decisión, se lle está a quitar aos nenos a ilusión do entroido, de sentirse importantes, de que sempre están pendentes a ver, se os veciños, os avós, ou os seus amigos, están a miralos. Da ilusión de dicir, que os traxes os fixeron eles.
Tamén non entendo, porque se nos cita a una reunión, onde xa está a decisión tomada. Se xa se sabía o que había, para qué nos chaman? Para decirnos que os nenos de 3 anos cánsanse. Meus fillos o ano pasado tiveron 3 anos, e si, chegaron cansos a casa, pero tamén viñan coa ilusión de que os miraran moita xente coñecida na rúa.
Cóstame moito tomar esta decisión, porque sei que os meus fillos, non a van a entender. Pero quero que sepan, tanto a mestra, como a dirección da Escola, que meus fillos non van a asistir o venres 12 de febreiro ao colexio. Baixo a miña responsabilidade, os meus fillos, van a ir as rúas de Gondomar, a mirar aos seus compañeiros de primaria. E tamén van ir a mirar, aos nenos e nenas do resto das escolas de Gondomar, e os nenos da Galaescola de Mañufe. Que teño entendido que este ano, veñen de invitados ao desfile. Nenos máis pequenos, que os nosos do ciclo infantil.
Me gustaría, que me disexen como lle explico eu aos meus fillos, que hai nenos mais pequenos na rúa desfilando, e eles non van a ir. Díganmo, porque eu non sei como. Onte intenteillo explicar, e somentes me preguntaban porque, eles quedaban na escola, e non saían á rúa.
Sinto moito, que se tomase esta decisión, e se lle quite aos nenos a ilusión do seu desfile de entroido.
CARLA BUCETA DE MIRANDA e DAVID BUCETA DE MIRANDA, o día 12 de febreiro de 2010, non van a asistir a escola.
                                                                            Gondomar, 4 de febreiro de 2010

FDO.: Virginia de Miranda Vigo

2 comentarios:

  1. Estou deacordo con todo o que se pública nesta carta, xa que se leva dende sempre facendo, non entendo por que non se fai, que razóns pedagoxicas teñen para non sair, pois se é por cansanzo, supoño que sempre se cansarian.
    Un saudo.
    José Manuel

    ResponderEliminar
  2. Suscribo todo exposto na carta. Nos tampouco enviaremos a noso fillo a escola, e farémolo participe do desfile. El non podería entender que a súa irmá vaia participar e él non, despóis de toda ilusión que leva amosando, probando e probando disfraces na casa. Xa na xuntanza que houbo expresamos o noso malestar pola decisión tomada e sin contar cos pais. Ademáis no noso caso, como faríamos para poder estar no desfile e na festa ao mesmo tempo. A excusa do cansanzo, e eso, un excusa que agocha outras razóns que non atino a comprender.

    Saúdos

    Manuel Piñeiro e Lupe Araújo

    ResponderEliminar