VISITAS

jueves, 1 de octubre de 2009

REGULAMENTO DO SERVIZO DO COMEDOR

REGULAMENTO DO SERVIZO DO COMEDOR

Características do comedor:
É un servizo de carácter voluntario, un servizo no que se pretende axudar na conciliación da vida laboral dos pais, titores etc do alumnado.O servizo do comedor é unha actividade complementaria do centro, xestionada e financiada pola ANPA “Pousa de Fontán” do centro, a través dos pagos dos menús polos comensais, axudas, subvención etc. A prestación do servizo de comedor coincidirá co calendario lectivo aprobado polo consello escolar do CEIP Chano Piñeiro en horario de 14 a 16 horas.
Utilización do servizo do comedor:
Terán dereito a facer uso deste servizo o alumnado matriculado no centro. O persoal encargado da atención do alumnado usuario do comedor, independentemente da súa categoría e relación de emprego. Os empregados do centro.
Requisitos para facer uso do comedor:
Tódolos alumnos que o soliciten, asumindo o pago da cota correspondente. Non ter debedas pendentes co comedor ou co anpa. Ter presentada a solicitude debidamente cumprimentada, asinada e documentación esixida.
Prazas:
O comedor comezará o seu funcionamento con 64 prazas, se fose necesario intentaríase conquerir mais prazas, que serian ofertadas aos comensais en reserva.

Tipo de comensais:
Segundo o tipo de uso do servizo do comedor, distínguense entre:
Comensais fixos:
Considéranse comensais fixos o alumnado que se inscriba no comedor como comensal diario para o curso completo. No caso de producirse circunstancias que impidan a asistencia regular ao comedor, o comensal fixo deberá comunicalo, presentando unha xustificación, así coma súa volta a normalidade, con 4 dias de antelación.
Comensais fixos descontinuos:
Considerase fixos descontinuos o alumnado que se inscriba para acudir durante todo o curso pero solo determinados días da semana. No caso de producirse circunstancias que impidan a asistencia regular ao comedor, o comensal fixo descontinuo deberá comunicalo, presentando unha xustificación., así coma a súa volta a normalidade con 4 dias de antelación.
Comensais ocasionais:
Considéranse comensais ocasionais o alumnado que solicite esporádicamente o seu uso. O uso esporádico do comedor só será posible cando haxa prazas dispoñibles no mesmo. Tendo que facer a reserva con 4 dias de antelación, unha vez confirmada esta, cumprimentará o impreso e o entregará na secretaría do centro antes das 14 horas do dia anterior, acompañado do xustificante de pago da entidade bancaria. Correspóndelle ao consello escolar do centro a selección e admisión, no caso que haxa mais solicitudes que prazas, conforme aos seguintes criterios relacionados por orde de prioridade:
1. Alumnado en situación socioeconomica desfavorable e becado polo concello
2. Alumnado que solicite a modalidade fixo todo o curso escolar
3. Alumnado fillo de pais e nais traballadoras con incompatibilidade demostrada dos seus horarios laborais co horario de saida de seus filla/o ao mediodia, acreditado co certificado da empresa.
4. Alumnado de familias numerosas, acreditando mediante copia do título de familia numerosa.


DEREITO E DEBERES DOS COMENSAIS
DEREITOS:
* Recibir unha alimentación sana e equilibrada
* Adquirir hábitos alimentarios: aprender a comer de todo.
* Ser respectadas as súas excepcións alimentarias por razóns culturais e/ou médicas.
* Adquirir hábitos sociais.
* Recibir un trato correcto ser axudad@ cando sexa necesario.
OBLIGACIÓNS:
* Respectar e axudar aos demais comensais.
* Respectar os menús que por razóns culturais ou médicas que se sirvan a outr@s comensais.
* Respectar aos monitor@s.
* Respectar as instalacións, materiais, e utensilios do comedor.
* Despois da comida permanecerán nos espazos habilítados.
* Respectar as normas de convivencia.
* Pagar as cotas establecidas e nas condicións establecidas no presente regulamento.
* Para a asistencia continuada será necesaria a domiciliación dos recibos de pago do comedor.
* Os asistentes ocasionais pagarán tal coma está establecido no presente regulamento.
* Tratar adecuadamente os alimentos.
* Respectar as pautas do comedor:
1.Antes de entrar ao comedor os alumn@s pasarán polo aseo para facer as súas necesidades e lavar as mans.
2.Accederán ao comedor esperando o seu turno e cada unh@ sentarase no lugar indicado polos monitor@s.
3.Durante a comida os comensais estarán convenientemente sentados, sen ter que levantarse para nada, xa que o que necesiten será facilitado polos monitor@s.
4.Utilizarán axeitadamente os utensilios de comer, se non superan facelo enseñaraselle
5.Estará prohibido introducir no comedor calquer tipo de alimento, bebida ou golosinas.
6.Cada alumno traerá vaso de plástico, cepillo de dentes, nunha bolsa de aseo ou similar, para lavarse despois de comer.
7.Non introducirán no comedor balóns, xoguetes etc.
CAUSAS DA EXCLUSIÓN DO COMEDOR
A decisión da exclusión provisional do servizo do comedor será comunicada polo presidente do consello escolar aos interesados, que poderán presentar alegacións no prazo de 5 dias hábiles dirixidas ao presidente do consello escolar. Despois de ser estudada polo consello escolar, será comunicada a decisión definitiva no prazo de 10 dias.
SON CAUSAS DE EXCLUSIÓN:
* Dúas incidencias de comportamento documentadas no mesmo mes ou cinco ao longo do curso.
* Ter pendente débedas económicas co servizo do comedor.
* Dúas incidencias documentadas por non facerse cargo da recollida do alumn@ no horario previsto (ás 16 horas se non quedan a actividades extraescolares).
MEDICAMENTOS:
Calquera medicación, que os nen@s deban tomar mentras se atope no comedor, debe ser entregado pola nai, pai ou persoa adulta á dirección do centro. Os medicamentos irán acompañados por unha nota escrita e asinada onde se autorice aos monitor@s a administrar o medicamento ao seu fillo, indicando de forma clara as doses e tomas, eximindo aos monito@s de calquera responsabilidade derivada da toma do mesmo. A nota escrita e asinada, irá acompañada dun xustificante médico ou fotocopia da receita.
DIETAS:
No caso que algún comensal precise algún tipo de dieta, presentarase certificado médico no que se especifique o tipo de dieta necesaria ( celiatica, lactosa,...).

FORMA DE PAGO
A forma de pago dos comensais fixos e fixos descontinuos farase por domiciliación

bancaria, os recibos pasaranse a partir do dia 12 de cada mes, axustandose no mes seguinte, tanto as devolucións ( falta o servizo de comedor xustificadas) como o incremento ( días de utilización do servizo de comedor a mais, polos usuarios fixos discontinuos )
Os comensais ocasionais farán a reserva con 4 dias de antelación e antes das 14 horas do dia anterior entregarán na secretaría a solicitude, acompañada esta coa xustificación de pago na entidade bancaria.
Nos comensais fixos, e fixos descontinuos terán que xustificar as ausencias antes das 14 horas na secretaría do centro, para que non se lle cargue o cobro do día seguinte e sucesivos.
Estes días descontaranse no recibo do seguinte mes
Para voltar a facer uso do comedor terá que notificalo con 4 dias de antelación na
secretaría do centro.
O prezo da comida será o que acorde a xunta directiva do anpa unha vez aprobado
polo Consello Escolar do centro.
Os gastos de domiciliación dos recibos e os producidos pola devolución dos recibos
serán a cargo dos comensais.
Se queres imprimir o regulamento pincha no seguinte enlace
http://dl.dropbox.com/u/36465325/reximen_comedor2%2C2.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario